MOOC e neoliberalismo

Os MOOC (Massive Online Open Course) son unha modalidade educativa consistente en cursos online abertos e dirixidos a un amplo público (Santamaría, 2013). Estes cursos naceron ao abeiro das teorías conectivistas de Siemens e Downes. As cales adaptaban moitos dos postulados constructivistas enfocándoos e actualizándoos de cara á actual Sociedade do Coñecemento, altamente tecnolóxica (Siemens, 2004). Así mesmo, este medio se desenvolveu a partir do traballo de universidades americanas, a partir das cales se foi extendendo ao resto do mundo. En España por exemplo, a propia UNED ten varios MOOC, como son os dirixidos a emprendedores (ominosa palabra), entre outros.

A hora de falar das carácterísticas máis ligadas aos MOOC cabe destacar o uso de plataformas de Código Aberto (software libre), así como o feito de ser cursos estructurados e abertos a un número indefinido de alumnos. Aínda que nun principio este modelo ten por obxectivo a difusión libre e gratuita do coñecemento, no actual contexto neoliberal, cabe preguntarse ata que punto se poderá manter un sistema de formación a distancia de calidade fora do control das grandes corporacións. Vendo o potencial económico que para os grandes poderes económicos teñen ámbitos como o da formación superior ou mesmo a propia escola, cabe preguntarse ata que punto se lle posibilitará á cidadanía acadar unha formación a distancia de calidade de xeito gratuíto. Realmente lle interesa isto a quenes detentan o poder económico na nosa sociedade? Dificilmente. Dado o forte potencial económico da área do educativo en xeral e o apetecible do ámbito do e-learning en particular, para moitas empresas do ámbito da formación, resulta se cadra un pouco iluso pensar en que realmente se poida levar a cabo un fomento a gran escala dos MOOC orientados cara unha formación de calidade. O proceso de mercantilización do mundo educativo é cada vez maior, e temos serias dúbidas de que o ámbito dos MOOC se manteña ao marxe deste ominoso proceso.

Mais coido que non debemos ser totalmente pesimistas. As potencialidades dos MOOC para chegar a grandes números de persoas poden ser de grande interese para un amplo número de cuestións alén da mera formación técnica. Cabe preguntarse por exemplo como de útiles poden ser os MOOC no relativo a cuestións como a formación do profesorado ou da cidadanía. Nese sentido, pensamos que se debería analizar a cuestión dos MOOC un enfoque que partise dende unha perspectiva ligada á Pedagoxía Social, abrindo un pouco máis o enfoque de análise de cara contrarrestar, na medida do posible, o uso mercantil e antidemocrático que se poida facer desta modalidade de formación.

 


Conectivismo: Una Teoría de Aprendizaje para la era Digital, George Siemens, 2004.

Los MOOC: un cambio de estrategia más que un hecho disruptivo, Fernando Santamaría, 2013. En Educación y Cultura AZ