GLOSARIO DOS TERMOS MÁIS TRABALLADOS.

Antes de reflexionar sobre todo o meu proceso de aprendizaxe na materia Tecnoloxía Educativa, considero que é necesario realizar unha recompilación de aqueles termos cos que traballei o longo dos meus blogs. Con esta intención e servíndome de axuda para posteriormente poder reflexionar sobre os obxectivos acadados a través deste percorrido, a continuación presento un glosario de termos traballados na materia. O conxunto de termos aparecen seguindo un orde cronolóxico, facendo referencia en primeiro lugar os blogs publicados o principio e rematando coas últimas publicacións.

1-      TECNOLOXÍA EDUCATIVA:  é o resultado das prácticas de diferentes concepcións e teorías educativas para a resolución dun amplo espectro de problemas e situación referidas a ensinanza e o aprendizaxe, apoiadas nas TICs (Wikipedia)

2-      INNOVACIÓN DISRUPTIVA: fai referencia a como un produto que nos seus orixes nace como algo residual ou como unha simple aplicación sen moitos seguidores ou usuarios, convértese en pouco tempo no produto ou servizo líder do mercado.  (Clayton Christensen ) 

3-      E-LEARNING: Procesos de ensinanza-aprendizaxe que se levan a cabo a través de Internet, caracterizados por unha separación física entre profesorado e estudantes, pero co predominio dunha comunicación tanto síncrona como asíncrona, a través da  cal se leva  a cabo unha interacción didáctica continuada. Ademais, o alumno pasa a ser o centro da formación, o ter que autoxestionar  o seu aprendizaxe, coa axuda de titores e compañeiros. (Centro de formación permanente CEP Universidade de Sevilla)

4-      FENDA DIXITAL: a fenda dixital defínese como a separación que existe entre as persoas (comunidades, estados, países…) que utilizan as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) como unha parte rutinaria da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso ás mesmas e que aínda que as teñan non saben como utilizalas.( Serrano, Arturo, Martinez, Evelio.(2003) "La Brecha Digital: Mitos y Realidades", México, Editorial UABC, 175 páginas, ISBN 970-9051-89-X).

5-      ALFABETIZACIÓN DIXITAL:   é aquela alfabetización que ten como obxectivo ensinar e avaliar os conceptos e habilidades básicos da informática para que as persoas poidan utilizar a tecnoloxía informática na vida cotiá e desenvolver novas oportunidades sociais e económicas para eles, as súas familias e as súas comunidades.(    Digital Literacy Microsoft Corporation  )  

6-      BUSCADOR: é unha páxina web na que se ofrece consultar unha base de datos na que se relacionan direccións de páxinas web co seu contido.( -  buscadores xerárquicos que recorren as páxinas recompilando información sobre os contidos. 

7-      -  BUSCADORES TOOLBAR: son buscadores que distribúen unha barra de ferramentas de búsqueda que pode ser instalada nos navegadores web dos usuarios concedendo un servizo extra.

8-      - MULTIBUSCADORES: son os buscadores que che permiten buscar en moitos buscadores o mesmo tempo.

9-      - METABUSCADORES: son buscadores que recollen información de varios buscadores a vez.

As definicións dos diferentes buscadores proceden da páxina web : (http://www.aula21.net/tallerwq/buscadores/buscador1.htm)

10-   JCLIC: é unha ferramenta de autor que permite o profesorado crear con facilidade recursos educativos dixitais. (http://clic.xtec.cat/es/jclic/howto.htm)

11-   WEBQUEST: é  unha ferramenta que forma parte dun proceso de aprendizaxe guiado con recursos principalmente procedentes de internet que promove o emprego de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo, a autonomía dos estudantes e inclúe unha avaliación autentica.( wikipedia). 

12-  PLE: é unha colección auto definida de servizos, ferramentas e dispositivos que axudan os estudantes a construír as súas redes persoais de coñecemento (PKN), poñendo en común nodos de coñecemento táctico e nodos de coñecemento explícito(www.slideshare.net)

13-  CONDUCTISMO: consiste no emprego de procedementos estritamente experimentais para estudar o comportamento humano observable, é dicir conduta que transmite unha persoa entendendo o entorno desta como un conxunto de estímulos-resposta. (ABC: http://www.definicionabc.com/general/conductismo.php#ixzz2UhAPMo8V)

Este conxunto de termos son os que considero principais na elaboración dos meus blogs. Agora ben, presentándoos deste xeito, fanme pensar en primeiro lugar que o que nun principio pensaba que ia ser esta materia co transcurso das clases e co traballo realizado nas diferentes sesión comprobei que a tecnoloxía educativa é algo moito máis amplo do que pensaba.

 Por outra parte, en  realidade todos recibimos as mesmas clases e o mensaxe foi o mesmo para todos, pero o que é verdadeiramente interesante é como cada un de nos enfocou os temas tratados de xeito diferente. Ademais fixemos mención de aquilo que nos chamou máis a atención ou consideramos que era necesario coñecer, tendo así que profundizar máis en algúns aspectos. Por iso este pequeno glosario, axudoume a establecer as principais ideas que teño que ter en conta para analizar o meu percorrido por stellae, para comezar a reflexionar sobre a importancia dos temas tratados e a relación que existe entre eles. Solo podo dicir que me sorprende a amplitude de conceptos e termos que están relacionados coa  tecnoloxía. No meu caso, sempre que puiden fixen referencia ao xénero, considero que é un tema moi importante que en moitas ocasións vese prexudicado, outros falaron da relación da tecnoloxía e a cultura, algúns enfocaron os seus blogs as desigualdades entre uns países e outros e moitos decidiron enfocar as súas entradas cara a innovación e a influencia das tecnoloxías. É dicir cada un de nos partindo da mesma base diriximos o noso proceso de aprendizaxe na materia. É unha nova forma de traballo que nos distancia do xeito tradicional o que acostumamos a traballar; polo que considero que é moi útil xa que nos permite innovar na forma de levar a cabo o noso traballo.