Massive Online Open Course

Hoxe veño a falar sobre un concepto o cal tratamos nunha das clases. E o MOOC. Entón, que é un MOOC?

            MOOC, é o acrónimo en inglés de Massive Online Open Course (Cursos Online Masivos e Abertos), termo acuñado por Dave Cormier e Bryan Alexander en 2008. É unha modalidade de educación aberta que se presenta en plataformas educativas en internet, e cuxo principio é o da liberación do coñecemento coa fin de que chegue o maior público posible. O MOOC polo tanto pódese considerar coma unha ensinanza a distancia, pero non toda a ensinanza a distancia viría a ser un MOOC. Para que isto sexa así debe de cumprir cunha serie de características, entre as cales destacan o ter unha estrutura orientada o aprendizaxe, ter un carácter global ou masivo, debe de estar presente en Internet xa que non require a asistencia a aula, e debe de ser accesible de maneira gratuíta dende Internet

Aquí deixo un vídeo onde se explica de maneira moi clara o que viría a ser un MOOC.

 

 

                              image

Comentarios