E-Learning e B-Learning

Coido que un concepto moi importante  tratado en clase e o cal debo de incluír, aínda que sexa brevemente, nunha entrada e o e-learning, e tamén o b-learning.

               O e-learning, en resumo, viría a definirse como un aprendizaxe a través da rede. Esta modalidade caracterízase principalmente porque permite resolver problemas como as distancias xeográficas ou custos económicos elevados. Ademais tamén permite unha maior adaptabilidade os ritmos de aprendizaxe dos alumnos, fomentar un aprendizaxe activo, actualización case constante dos contidos, etc. Como desvantaxes podemos dicir que necesita un maior esforzo dos alumnos, posto que os cales deben de querer aprender e un certo dominio das tecnoloxías.

                                                     image

            O b-learning é un modelo de ensinanza que convina unha metodoloxía presencial con a non presencial. O profesor debe de ter o dominio suficiente das TIC para poder levar a cabo tanto clases presenciais coma desenvolver a materia na rede. Este método busca un maior contacto do docente con os alumnos aínda fora do horario de clases, e demanda por parte do alumno participación e interese.