de volta no Stellae

Ola de novo! 

Tras recibir a nota de Tecnoloxía Educativa toca poñerse as pilas para intentar superar a calificación obtida e sacar o maior rendemento que me sexa posible de aquí ao 5 de xullo, data oficial do examen da materia. No mes escaso que resta de agora á data indicada, irei incorporando entradas e tratarei de incluír tamén aquelas que durante o cuatrimestre non adxuntei ao portafolio.

Sen máis, comezo a miña labor con ganas e disposta a poñer todo da miña parte para conseguir un bo resultado. Mans á obra!