O burnout no profesorado.

En relación á entrada anterior e para relacionar o estrés co burnout (síndrome de estar queimado), comezarei cunha táboa na que se diferencian as características de ambos, para continuar falando do burnout.

 

ESTRÉS

BURNOUT

Estrés non   crónico.

Estrés laboral   crónico.

Fases anteriores   ó burnout.

Fase final do   estrés.

Non está asociado   ós aspectos do burnout.

Asociado con   actitudes negativas cara o alumnado, o traballo e o centro educativo.

Pode ter efectos   negativos e positivos.

Sempre ten   efectos negativos.

 

A continuación comezaremos con posibles definicións sobre o burnout como son:

Freudemberger, definiu por primeira vez o burnout en 1974, da seguinte maneira:

“Un conjunto de síntomas físicos y psíquicos (hundimiento físico y emocional) sufridos por el personal sanitario como resultado de las condiciones de trabajo”.

 

Outra posible definición é a de Guerrero E, e Vicente F (2001):

“Desde una perspectiva psicosicioal, existe actualmente un consenso para considerarlo como una respuesta al estrés laboral crónico, una experiencia subjetiva que engloba sentimientos y actitudes con implicaciones nocivas para la persona y la organización”.

 

Segundo Maslach y Jackson (1981), o síndrome de estar quemado, posúe tres compoñentes como son:

  1. Cansanzo emocional: caracterízase pola pérdida de enerxía, o desgaste, o esgotamento e a fatiga.
  2. A despersonalización: maniféstase no desenvolvemento de actitudes negativas e sentimentos fríos e impersoais cara o alumnado.
  3. A falta de realización persoal: tendencia dos profesores/as a avaliarse negativamente, afectando á realización do traballo e á relación co alumnado.

 

A continuación destacaranse algunhas das posibles causas do malestar docente:

  • As condicións de traballo, as presións do tempo, o devaluado contexto escolar, o conflito ou ambigüidade de rol, o nivel de participación na toma de decisións, a relación profesor/alumno, a falta de apoio que recibe da organización, a autoestima, a orientación vocacional, alumnado difícil, falta de disciplina, a apatía, os baixos resultados nas avaliacións, os abusos físicos e verbais, a baixa motivación do alumnado, as presións temporais, a baixa autoestima e estatus social, poucos recursos, o cambio rápido nas demandas curriculares …

 

Finalmente expoñeranse, segundo  unha serie de estratexias para intentar non padecer malestar docente como son as seguintes:

  • Estratexias individuais:
    • A realización de exercicio físico controlado: un exercicio físico moderado pode producir efectos tranquilizantes significativos.
    • Aplicar técnicas de relaxación: combinar exercicios de respiración con técnicas de relaxación física e mental.
    • Técnicas cognitivas: intentando volver a avaliar e reestruturar as situacións problemáticas para que deixen de selo.
    • Estratexias organizacionais:
      • Rediseñar a realización de tarefas, organizarse mellor a axenda de traballo.
      • Clarificar a toma de decisións.
      • Establecer obxectivos claros para os roles profesionais.
      • Mellorar as redes de comunicación organizacional.
      • Aproveitar as oportunidades que favorezan o desenvolvemento da carreira profesional.
      • Involucrarse na toma de decisións.
      • Participar e implicarse no traballo en equipo.
      • Establecer liñas claras de autoridade e responsabilidade.

 

  • Estratexias sociais:
    • Apoio social de compañeiros.
    • Separar os tempos laborais e extralaborais.
    • Incrementar a vida social (paseos, reunións, asistencia a eventos …)