O acoso escolar.

Nesta entrada centrareime en falar sobre o acoso escolar, un tema de actualidade no mundo educativo ó igual que acontece co malestar docente.

Enténdese por acoso escolar a un alumno/a, a exposición de forma repetida e durante un tempo, a accións negativas que se manifestan mediante diferentes formas de acoso ou hostigamento cometidas no seu ámbito escolar, levada a cabo por outro alumno/a ou varios deles, quedando nunha situación de inferioridade respecto ó agresor ou agresores.

A continuación, destacaranse como características do acoso escolar presenta as seguintes:

  • Desequilibrio de poder: prodúcese unha desigualdade de poder físico, psicolóxico e social que xera un desequilibrio de forzas nas relación interpersoais.
  • Intencionalidade/repetición: a intencionalidade exprésase nunha acción agresiva que se repite no tempo e que xera na vítima a expectativa de ser branco de futuros ataques.
  • Indefensión/personalización: o obxectivo do maltrato soe ser un só alumno/a, que é colocado desta maneira nunha situación de indefensión. O acoso soe ter un compoñente colectivo ou grupal xa que non existe un só agresor/a se non varios e porque a situación soe ser coñecida por outros compañeiros/as, observadores pasivos que non contribúen suficientemente para que cese a agresión.

 

O acoso pode ser clasificado segundo o tipo ó que pertenzan, é dicir, a diversos tipos de acoso entre iguais:

  • Exclusión e marxinación social.
  • Agresión verbal.
  • Agresión física indirecta.
  • Agresión física directa.
  • Intimidación/ameaza/chantaxe.
  • Abuso sexual.

Finalmente sinalar como consecuencias do acoso entre iguais:

  • Para a vítima: pode traducirse en fracaso escolar, trauma psicolóxico, risco físico, insatisfacción, ansiedade, infelicidade, problemas de personalidade e risco para o seu desenvolvemento equilibrado.
  • Para o agresor/a: pode ser o previo a unha conduta delictiva, unha interpretación da obtención de poder baseada na agresión.
  • Para os compañeiros/as observadores: pode conducir a unha actitude pasiva e compracente ante a inxustiza.