• Blogs
  • arminda
  • Importancia da tecnoloxía en Educación Especial

Importancia da tecnoloxía en Educación Especial

Unha vez finalizado o curso e tendo xa realizados os dous periodos de prácticas pertencentes á carreira, gustaríame falar sobre a grandísima relevancia que cobra a tecnoloxía para as persoas con necesidades educativas especiais.

As miñas prácticas, realiceinas no CEE A Barcia, onde tiven a oportunidade de traballar con nenos que presentaban diferentes patoloxías, entre elas Espectro Autista, Parálise Cerebral, Trastorno Xeralizado do Desarrollo ou Síndrome de Down por poñer algúns exemplos. Todos os alumnos escolarizado no centro teñen un nivel de discapacidade moi alto, estando gravemente afectados por diversas patoloxías.

Durante a miña estancia no centro, decateime das dificultades coas que se atopan estes nenos e as súas familias para levar unha vida normal, xa que son moitos os atrancos que se lle presenta no día a día. Por iso, as novas tecnoloxías cobran unha gran importancia na vida destas persoas, pois se xa a nós nos facilitan moito a vida, para moitos deles pode supoñer a diferenza entre a total dependencia de alguén ou a adquisición dun certo nivel de autonomía por pequeno que sexa.

image                                                               image

Grazas ao emprego de recursos tecnolóxicos como por exemplo ao emprego de comunicadores, faise moito máis sinxelo a comunicación directa co alumno xa que permite que poidan expresar os seus desexos. Do mesmo xeito, no CEE A Barcia, empregamos con moita frecuencia elementos como os teclados e os ratóns adaptados para permitirlle ao alumno traballar co ordenador dunha maneira máis autónoma, xa que eles mesmos son capaces de mover o ratóns e pulsar as teclas do teclado.

Ademáis dos elementos que poidan empregarse nas aulas, para o traballo cos TICs, tamén hai avances que axudan moito ao traballo de fisioterapia e estimulación multisensorial, é o caso por exemplo das grúas, que fan posible a mobilidade dos rapaces para cambialos de postura ou incluso de estancia. Outro exemplo son os elementos da aula multisensorial, como as columnas de burbullas ou as camas vibratorias, que cumpren unha importante función a pesares do difícil que é conseguilas debido ao seu elevado custo.

image           image

Persoalmente, creo que se produxeron grandes avances que permitiron levar a cabo actividades que fai uns anos eran totalmente inimaxinables, pero queda moito por facer, moito por investigar para conseguir novos avances que fagan un oouco máis sinxela a vida das persoas con discapacidade e tamén a das súas familias. Trátase de proporcionarlles na medida do posible un maior nivel de autonomía para que eles mesmos se desenvolvan e se sintan capaces de realizar actividades por sí mesmos.

Adxunto un arquivo no que se presentan diversos elementos tecnolóxicos para o traballo na educación especial.

http://diversidad.murciaeduca.es/tecnoneet/docs/2000/14-2000.pdf