Reflexión sobre o artigo titulado: Orientación psicopedagóxica ante os trastornos de conducta alimentaria na adolescencia.

Despois de ler o documento de Ascensión Palomares Ruiz e Daniel Garrote Rojas, editado na Revista Española de Orientación Y Psicopedagogía no número publicado no terceito cuatrimestre do ano 2011, sórxeme unha reflexión relacionada coa temática do currículum traballada na última sesión de clase.

Este artigo versa sobre unha investigación titulada: Orientación psicopedagóxica ante os trastornos de conducta alimentaria na adolescencia, tratando especialmente as actitudes e conductas relacionadas con estas enfermidades e nos rasgos de personalidade dos estudiantes con respecto ós trastornos alimentarios. Como xa se dí na introducción do mesmo, os resultados evidencian a necesidade dunha educación e orientación psicopedagóxica preventiva ante os problemas alimentarios.

 Neste momento súrxeme a idea de que un dos saberes que debe poseer o asesor son os temas relacionados co nivel educativo co que esta a traballar, temas de interese para o desenvolvemento integral destes alumnos, onde buscar recursos sobre estas temáticas e sobre todo, como axudar a integrar estas temáticas ós mestres nas súas programacións para que adquiran o carácter preventivo que tanto se precisa.

Os coñecementos do asesor son un camiño sen recorrer, que precisa ter un punto de partida, pero a partir de ahí este debe buscar a mellor maneira de recórrelo, procurar os coñecementos que non posee nos lugares indicados para posteriormente traballar cos educadores  co fin de facilitar o logro dunha educación de calidade para os máis novos.

Neste caso concreto, os trastornos alimenticios son unha gran lacra que involucra a moitos dos adolescentes no noso país. Esta debe ser unha das tantas temáticas que han de tratar os asesores no seu día a día, polo tanto unha análise de necesidades nos centros, e un posterior traballo cos mestres en relación con esta temática será unha labor de prevención que en moitos casos evitará chegar a extremos de enfermidade nos nosos adolescentes.