O protocolo de prevención do acoso escolar.

En relación á derradeira entrada realizada, a cal se centra no tema do acoso escolar, gustaríame destacar unha noticia atopada no xornal datada do día 22/05/2013. Nesta faise fincapé en que Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma que recolle nun mesmo protocolo cómo previr, detectar e abordar os casos de acoso escolar e ciberacoso. Este protocolo basease nos principios de intervención temperá e de permitir ós centros escolares a adopción da medidas que se consideren oportunas en referencia á súa propia realidade. Así, pódese dicir que o protocolo non soamente se centra nunha reacción ante o acoso se non que tamén ten fins preventivos tratando de erradicar o acoso escolar.

Outra cuestión de elevada importancia é a garantía que se ofrece de que no transcorran más de doce días dende que se detecta a posibilidade de acoso escolar, ata que se confirma, instrúe e se resolve o expediente corrector, é dicir, Galicia fixa un máximo de 12 días para resolver calquera caso de acoso escolar. 

Por todo isto, e tal e como se menciona no artigo, o protocolo permitirá que o alumnado posúa unha maior protección fronte a estas situacións. Todo iso levarase a cabo a partir de catro fases como son:

  • O coñecemento, a identificación e a comunicación da situación.
  • A recollida e o rexistro de información.
  • A análise da información e a adopción de medidas.
  • O seguimento, a avaliación e o rexistro das medias adoptadas.

Finalmente destacar a importancia da confidencialidade e discreción á hora de tratar temas como este.