Escravos do consumo

Fai uns días, visitando o apartado dedicado a tecnoloxía nun periódico dixital (http://www.abc.es/tecnologia/videojuegos/20130613/abci-playstation-xbox-201306130956.html , atopei unha noticia que me recordou un tema tratado nas primeiras sesións de clase de Tecnoloxía da Educación. Nesta noticiafalábase das tremendas expectativas que se están dando en todo o mundo ante a presentación dos novos prototipos de consolas de Sony e Microsoft no E3 (Electronic Entertainment Expo), as cales serán sacadas a venta posiblemente a finais de ano.

                                                      image

Está e outras moitas noticias similares que ocorren sempre que unha gran multinacional de equipos electrónicos ou similares, tales coma Mac, Samsung, HP ou as citadas anteriormente saca un novo produto o mercado fai que me cuestione se de verdade semellante evolución tecnolóxica (enfocada directamente o mercado e o consumo) nos esta facendo evolucionar realmente. Aquí nace unha dubida sobre o destino dubidoso o que nos esta levando dita “evolución”, ou incluso se esta evolución tecnolóxica esta levando o ser humano a un verdadeiro estancamento ou retroceso, e dicir, á involución.

                                         image

Que dúbida cabe de que a tecnoloxía está influíndo enormemente a nosa vida cambiando, adoptando ou incluso eliminando moitas habilidades, costumes e comportamentos. Chegando a veces a un punto en que nos está a abarcar máis tempo que a vida mesma.

Pero enfocar o progreso tecnolóxico den de un transfondo meramente económico levanos a unha obsolescencia constante e programada, isto é, unha caida en desuso de máquinas, tecnoloxía e equipos que ven dada porque se considera que as súas funcións non son suficientes en comparación con os novos produtos introducidos no mercado, non por un mal funcionamento doestes. Se ben a posuimos a tecnoloxía suficiente como para fabricar produtos duradeiros por outro lado existe a necesidade constante de adaptalos a un cambio permanete. Tendo isto graves consecuencias sobretodo para o medioambiente, debído a cantidade de residuos xerados constantemente por falta de un “segundo mercado” ou un medio de reciclaxe para ditos produtos. Pero tamén as ten para a sociedade, isto é no que se basea a sociedade de consumo actual, onde as persoas son vistas como meros consumidores e o unico valor que importa é o económico.

                                                   image

Entón poderíase definir isto realmente como evolución? Na miña opinión, coido que cando algo chega o límite de practicamente escravizar, creando unha dependencia total ou que condicione enormemente as nosas vivencias diarias habería que considerar se o termo evolución vai sempre ligado a unha evolución positiva.

 

Webgrafía:

es.wikipedia.org/