MODELO PSICOPEDAGÓXICO

O modelo a destacar é o modelo psicopedagóxico proposto por García Tobío e Pardo Pérez. Este modelo caracterízase por ter como obxecto os procesos de ensinanza e aprendizaxe que se producen na escola, así como a institución no seu conxunto. Neste caso, deféndese unha estreita relación entre o marco curricular e a intervención psicopedagóxica. O seu obxectivo último é modificar as formas e pautas de actuación da escola para que se adapten as características, necesidades, intereses e motivacións dos alumnos.

No tocante ao papel do orientador dende este modelo, é considerado experto aínda que colabora co resto dos profesionais da escola dando lugar, por tanto, a unha intervención preferentemente directa, individual e grupal, reactiva e correctiva, preventiva e enriquecedora.

Trátase dun profesional que pertence a un equipo que traballa nun número limitado de escolas ás que acode de forma periódica e sistemática (psicopedagogo dentro/fóra do contexto da escola).

Dende o noso punto de vista, consideramos que este modelo pode ser de asesoramento. Defendemos esta postura debido a que é directo co profesor pero indirecto co alumnado, característica básica do asesoramento, ademais é horizontal, bidireccional e capacita ao asesor e ao asesorado. En contraposición, creemos que non é un modelo de orientación porque este é asimétrico, directo co estudantado, unidireccional e de resolución de problemas.

Como exemplo, podemos sinalar o seguinte: Nun centro escolar, atópanse cada vez máis nenos con problemas de linguaxe, polo que se crea unha reunión entre profesorado e o departamento de orientación co fin de elaborar conxuntamente as pautas de diagnóstico destes problemas.