Alfabetización Dixital e Desigualdade

Hoxe veño a ofrecer unha reflexión sobre un tema tan importante como o é a chamada alfabetización dixital, tema que foi amplamente tratado en clase, e o cal, suscitou un grande interese pola miña parte.

 

Os numerosos beneficios que as novas tecnoloxías da información están a aportar os seus usuarios son un feito, pero estas tecnoloxías tamén teñen outros efectos secundarios e negativos na nosa sociedade. Aquí cabe facer referencia o concepto de usuarios que acabo de mencionar, xa que estas tecnoloxías poden, e de feito xa o están facendo, ampliar notablemente as distancias económicas e culturais nesta sociedade, unha división entre os grupos ou sectores sociais que están correctamente integrados neste novo desenvolvemento tecnolóxico, e os que por unha serie de circunstancias non o están. Desta situacion e de onde xurde unha urxente necesidade de planificar políticas educativas e sociais dirixidas a combater estas desigualdades de acceso e uso das novas tecnoloxías da información.

 

Vivimos nunha sociedade na que as tecnoloxías chegan a acadar tal presencia e impacto que moitos autores falan de unha nova etapa da sociedade humana: a sociedade do coñecemento ou sociedade da información. Un novo sistema social que dista moito do anterior posto que cambia as “regras do xogo”. O desenvolvemento económico e social dun país ou comunidade xa non depende só dos recursos materiais como por exemplo os xerados pola industria, senón que depende enormemente tamén de que os recursos humanos deste país ou comunidade estén cualificados (alfabetización dixital) para “facer fronte” as novas tecnoloxías. Ademáis disto, debido as tecnoloxías tanto da comunicación como as referentes o trasporte e demáis, as comunidades actualmente xa non funcionan de maneira independente, todas están unidas, xurdindo de aquí unha globalización económica. Polo tanto podemos dicir que unha comunidade social non podera avanzar e desenvolverse na sociedade do coñecemento ou da información se a totalidade ou a inmensa maioría de persoas que a forman non están cualificadas para un correcto uso das TIC.

 

Un aspecto enormemente negativo que na miña opinión está presente no referente a esta nova alfabetización é a escasa promoción que na nosa sociedade se lle está a dar, e que cando esta se promove case sempre o fai dende un discurso dirixido exclusivamente o mercado, e dicir, formar para producir e consumir, algo que é importante para o desenvolvemento dun país, pero coido que non debería de ser o único aspecto a tratar. Dende o meu punto de vista, esta alfabetización dixital non debe de estar plantexada só cara o desenvolvemento económico, senón tamén ou máis cara o desenvolvemento social. Desenvolver uha formación, valores e actitudes con relación a tecnoloxía encamiñados a facilitar o acceso á información e o coñecemento trasmitido por estes medios. Unha formación que o meu parecer debería facer tanto referencia a o dominio técnico ou instrumental, a unha dimensión cognitiva (a cal permitirá seleccionar, procurar, comprender e analizar a información), a adquisición de valores e actitudes críticas, e por último a unha toma de conciencia ante todos os efectos na sociedade que poden chegar a ter estas tecnoloxías. Actualmente, a formación nas novas tecnoloxías está a abarcar un porcentaxe moi pequeno da poboación, o que pode considerarse como un novo aspecto negativo do noso sistema educativo, o cal coido que se podería solucionar cunha acción política que buscase combater as desigualdades producidas por esta situación, políticas que loiten contra a desigualdade que isto xenera, que permitan a todos os cidadans o acceso, participación e alfabetización nas TIC, que busquen cualificar os traballadores para facer fronte a este novo contexto,