educación on-line

Agora que xa rematou o curso, cos exames de recuperación á volta da esquina, e a poucos créditos de rematar a carreira, é inevitable plantexarme qué farei a partir de agora: quizais un master, ou aprender idiomas, o buscar traballo desde xa, ou quizais traballar e continuar formándome ao mesmo tempo. Posiblemente esta sexa a opción pola que me decante, e para iso poida que bote man da formación on-line, polo que decidíb buscar información sobre o que significa educación on-line.

A educación on-line, é unha modalidade de aprendizaxe electrónico que emprega unha rede de comunicación en canal para realizar o proceso de ensino. Trátase dun tipo de educación a distancia, un sistema ou modalidade educativa que habilita un entorno de comunicación para os procesos de ensino-aprendizaxe a través das Tic. Este tipo de educación comporta a adaptación das tecnoloxías máis actuais e das que xa están consolidadas para conseguir que os procesos docentes conten coas ferramentas axeitadas á sociedade actual.

                                             image

A educación on-line emprega ferramentas informáticas como o correo electrónico, páxinas web, foros de discusión ou mensaxería instantánea, pero tamén existen xestores de cursos en liña, que son entornos creados exclusivamente para ese fin, e conteñen as ferramentas que apoian a aprendizaxe do alumno. A educación a distancia permite ao estudante desenvolver procesos de innovación, comunicación e manexo de medios tecnolóxicos ao seu alcance nos logros educativos.

Xeralmente, o material de traballo atópase recollido nun espazo virtual educativos, entendento como tal un ambiente fisicamente inexistente. É un sitio inmaterial que ademáis de facilitar e distribuír a información relacionada cunha área de coñecemento en particular, permite a interacción a distancia entre os usuarios interconectardos a través dunha rede de ordenadores. Así mesmo, é un punto de encontro que permite aos estudantes e profesores interactuar coa finalidade de lograr un obxectivo instrumental común, sen as limitacións de tempo e espazo.

                                                           image

Persoalmente, considero que a formación on-line é unha boa opción para seguir coa nosa formación, xa que ofrece unha gran flexibilidade horaria que permite combinar os nosos estudos cun traballo, ou con outras actividades. Ademáis, o feito de que sexa posible comunicarnos cun tutor a través do ordenador, fai que evitemos ter que desplazarnos ao centro, tanto para titorías como para levar a cabo os nosos estudos, polo que sobre todo no caso de Galicia, facilita moito o acceso á formación, tendo en conta a gran dispersión existente entre os núcleos de poboación, sabendo que na gran maioría dos casos, os centros formativos de nivel superior atópanse nas cidades polo que os desplazamentos son inevitables.

Por iso, en algún momento, e moi posiblemente máis pronto que tarde, botarei man da educación a distancia para continuar formándome ao mesmo tempo que podo estar traballando, polo que podo empregar a formación a distancia como parte da miña formación permanente.

Fontes:

http://www.ceidis.ula.ve/index.php?option=com_content&view=section&id=7&Itemid=30

http://es.wikipedia.org/wiki/Educaci%C3%B3n_en_l%C3%ADnea

http://tele-formaciononline.es/