maior comunicación = maior entendemento??

Diariamente, estamos enganchados ao móbil e ás redes sociais. Isto certamente, fainos sentir continuamente comunicados cos nosos contactos. A través de whatsapp, line, messenger, facebook, tuenti, twitter e outras aplicacións e redes sociais, podemos establecer contacto con calquera persoa aínda que estea na outra punta do mundo. Ábrese ante nós a posibilidade de comunicarnos con quen queiramos a calquera hora do día independentemente do lugar no que nos adopemos, eliminando así as barreiras espazo-temporais que fai non moitos anos facían imposible poder manter o contacto entre persoas en lugares diferentes.

Está claro que isto, nos trae grandes vantaxas en moitos aspectos, maior comodidade e sobre todo (cando menos a min) a sensación de non estar nunca só, pois cun simple "whatsapp", comezamos unha conversa pode durar horas ou incluso días, entre dúas ou varias persoas á vez. 

Pero non todo son vantaxas, pois o feito de non falar cara a cara, elimina a posibilidade de comunicación a través da linguaxe xestual, que en moitas ocasións pode cambiar por completo o significado do que se día a través da linguaxe verbal. Ben é certo, que a través do móbil ou do ordenador podemos tamén empregar emoticonos que poden axudar a facernos unha idea dos xestos faciais que fai a persoa que nos manda a mensaxe pero non é suficiente. 

En moitas ocasións, e seguro que a todos nos ten pasado algunha vez, dunha conversa que comezou cun ton de complicidade e de broma, rematou en enfados e malos entendidos precisamente por entender mal o contido que se pretendía transmitir, por non ver os xestos que se fan cando falamos cara a cara, ou incluso por non contestar inmediatamente despois de recibir a mensaxe.

Esta curtametraxe, explica claramente os diferentes resultados que se poden dar a partir dunha conversa, a través de whatsapp ou cara a cara.