Fenda dixital

Nunha das miñas últimas entradas, falei sobre a posibilidade de realizar algún tipo de formación a través da rede en canto remate a carreira.

En relación a isto, considero que é preciso falar sobre a fenda dixital, xa que o acceso ás novas tecnoloxías é imprescindible para poder levar a cabo este tipo de formación.

Fenda dixital fai referencia á diferenza socioeconómica entre aquelas comunidades que teñen accesibilidade a Internet e aquelas que non, aínda que tales desigualdades tamén se poden referir a todas as novas tecnoloxías da información e da comunicación. Como tal, a fenda dixital baséase nas diferenzas previas ao acceso ás tecnoloxías. Fai referencia tamén ás diferenzas que hai entre os grupos segundo a súa capacidade para empregar as TIC de xeito eficaz debido aos distintos niveis de alfabetización dixital, carencias ou problemas de accesibilidade á tacnoloxía.

A fenda dixital está baseada en aspectos de acceso pero tamén nos relacionados coas tics. Compóñense de 3 tipos de fenda dixital:

- De acceso: baseada na diferenza entre as persoas que poden acceder e as que non ás tic.

- De uso: baseada nas persoas que saben empregalas e as que non.

- De calidade do emprego: baseada nas diferenzas entre os mesmos usuarios.

Aínda que nun principio o concepto de fenda dixital facía referencia sí a problemas de conectividade, na actualidade comezan a introducirse a preocupación polo desenvolvemento de capacidades e habilidades requiridas para o emprego das TIC.

En definitiva, é a diferenza existente entre as persoas que teñen acceso ás novas tecnoloxías e aquelas que non, ou que aínda tendo acceso a elas, non as saben empregar.

A seguinte imaxe expresa perfectamente o significado do termo “fenda dixital”

                             image

Persoalmente, considero que na actualidade, as TIC teñen un peso moi importante na sociedade e por conseguinte tamén en todas as actividades que levamos a cabo no noso día a día. Están presentes en todos os aspectos da nosa vida diaria, chegando a ser prácticamente imprescindibles nos tempos que corren. Por iso, os gobernos deberían facer todo o posible para conseguir diminuír ou case que eliminar a fenda dixital, posibilitando que toda a poboación teña acceso ás TIC, e polo tanto considero igualmente importante a oferta de cursos formativos sobre o correcto emprego das mesmas, para así poder optimizar o uso que facemos delas sacándolles o máximo partido posible e polo tanto aproveitar a infinidade de oportunidades que nos ofertan.

REFERENCIAS:

http://www.slideshare.net/juespi1/brecha-digital-4456280

http://es.wikipedia.org/wiki/Brecha_digital