Algo que aprender dos Videoxogos

 

Hoxe veño a falar dos videoxogos, debido a unha pregunta que se me presentou mentres xogaba a un deles.

Esta maña estaba a xogar xunto con outros catro amigos a un videoxogo chamado League Of Legends, o cal é un xogo multixogador e online que se basea en partidas de 5 vs 5 ou 3 vs 3, cando lle formulei unha pregunta.

Eu acababa de desbloquear unha nova personaxe (o xogo conta con 114 personaxes a elixir) e non tiña moi claro que habilidades (cada persoaxe conta con 5 habilidades únicas e 2 comúns a todos) e que obxectos utilizar (existen centos de obxectos para equipar a túa persoaxe) e preguntei a un compañeiro que leva algo máis de tempo no xogo, e el respondeu o momento. Entón eu pregunteime, Como é posible que alguén nun período de un mes ou pouco máis, so adicando a xogar o tempo libre, sexa capaz de aprederse as características da maioría de persoaxes do xogo, habilidades, puntos fortes e negativos de cada un, obxectos máis útiles, etc.. e por exemplo en xeografía un estudiante lle custe tanto memorizar a capital de todos os países do mundo, os cales non chegan os 200?

Enton comecei a pensar en que é “iso” que fai posible que sexa tan facil aprender dos videoxogos e que non está presente na escola. Porque algo que en un principio está deseñado para o ocio e capaz de introducir tanta información e coñecementos na nosa mente, e a escola, que foi deseñada para educar e aprender moitas veces non o fai, ou o fai con moitas mási dificultades?.

 

Na actualidade, a industria dos videoxogos non para de crecer, e supera xa con creces a industrias coma o cine ou a música. Os videoxogos abarcan a calquera público e están a demostrar co paso dos anos que son capaces de adaptarse os cambios. Un destes cambios máis importantes foi a expansión de internet, o que provocou que os videoxogos pasases de ser unha actividade solitaria ou que slevase a cabo entre poucos a ser toda unha experiencia social e cultural.

Debido as tecnoloxías, os novos estudantes sufriron cambios radicais. Se ben antes tamén existian xogos como o parchís, o xadrez, etc. actualmente podese dicir que estes medios sufriron un cambio esaxeradamente grande en canto a escala, e dicir, non é o mesmo xogar unha partida con catro persoas ao parchís que xogar con 10, 100, 1000 ou máis persoas, as cales pertencen a diferentes culturas e mesmo poden usar distintos idiomas, en un xogo online. Algo parecido pasou con as fontes de información, onde a fonte de información clásica é o libro, o cal presenta a información ordeada de maneira liñeal e privilexia o texto fonte as imaxes. O contrario que ocorre en internet, onde a información moitas veces aparece de maneira discontinua e privilexianse aspectos como a música, a imaxe e o movemento.

Entón porque non usar os videoxogos para educar a estes novos estudantes? Existen moitas características que se dan nos videoxogos que son moi atractivas de cara a educación. Un exemplo distas son:

Os desafíos. Nos videoxogos partese de unha situación de conflicto inicial a cal debes de procurar unha solución, polo tanto o xogador ten un ou uns obxectivos claros dende o principio, aínda que poida que vaian cambiando segundo o transcurso da historia do xogo.

Motivación. Nos videoxogos aparece unha motivación intrínseca do xogador, e dicir, o xogador non busca sempre unha recompensa, xoga moitas veces por interes ou diversión.

Captura de atención e involucración. Os videoxogos logran capturar a atención da persoa e mantela durante toda a actividade.

Participación en novos contextos. Nos videoxogos presentanse multiples espazos, dende lugares reais en epocas pasadas ata un planeta lonxano nun futuro alternativo, nos cales o xogador debe adaptarse e explorar.

Toma de roles. Os xogadores deben asumir novos roles, e dicir, novas practicas e desempeñar novas habilidades. Podemos ser dende un presidente, un espía ou un guerreiro medieval.

Colaboración. Moitos videoxogos baséanse en que os xogadores deberán de colaborar para conseguir os obxetivos presentados, polo que se fomenta o traballo en equipo, comuncación e mediación de conflitos.

Resolución de problemas complexos. Os xogadores debende de conxugarse múltiples variables e informacións de diferente natureza para resolver os problemas plantexados nos videoxogos.

 

A parte disto, nos videoxogos o xogador dicta o seu propio camiño, é dicir, ofrecen gran cantidade de rutas a seguir. O contrario de o que ocurre actualmente nas escolas, onde se plantexa un camiño homoxéneo onde todos deben de aprender o mesmo ao mesmo tempo. E tamén por outra banda, o principio de ensaio-erro que presentan os videoxogos, onde a maneira de acadar os obxectivos nun xogo e contrastando ideas ou hipótesis con o resultado da acción levada a cabo. Polo tanto, cometer un erro nun videoxogo vese como unha maneira de acadar un novo coñecemento, o contrario que ocorre na escola actual, onde o erro vese como unha situación que se debe evitar.

 

Enton cal foi a resposta que lle din a esa pregunta inicial que presentei? E simple, o coñecemento do videoxogo ven motivado por ser o mellor tanto dentro coma fora do xogo, coñecemento que aplicas en cada partida, en cada desafio con un compañeiro, polo que ese coñecemento ten que ser usado multiples veces en diversos escenarios. En cambio, a motivación que existe para memorizar as capitais dos paises poida que so sexa pasar un examen, polo tanto e un coñecemento superficial que non é un obxectivo que perdure no tempo. 

                          image