nativos dixitais

Na miña última entrada, baseeime no termo "fenda dixital". En relación a este termo, hoxe adico a miña entrada ao concepto de nativo dixital.

Un nativo dixital, somos persoas menores de 30 anos que creceu coa tecnoloxía e polo tanto, temos unha habilidade innata na linguaxe e no entorno dixital. As ferramentas dixitais forman unha parte importante da nosa vida e mostramos unha certa dependencia delas para realizar todo tipo de accións da vida diaria. Do mesmo xeito, somos multitarea, pois facemos varias cousas á vez, sempre con aparellos tecnolóxicos, e buscamos pasar o menor tempo posible centrados na mesma tarefa, o que fai que moitas veces, se perda a concentración e polo tanto os resultados non sexan sempre os desexados.

                           image

Buscando na rede atopeime tamén con este video que nos pode dar unha idea do que é un nativo dixital:

Vendo isto, e baseándome na definición de nativo dixital, plantéome se en realidade eu son unha nativa dixital, pois a paresares de ter menos de 30 anos e compartir algunhas das características dos nativos dixitais, é certo que no meu caso, a incorporación das novas tecnoloxías na miña vida diaria foi moito máis tardía do que é na actualidade na maioría dos nenos dos países desenvolvidos, pois o meu primeiro teléfono móbil conseguino con 14 anos despois de pasar todo o verán traballando na casa para conseguir os cartos para mercalo. O mesmo ocorre co ordenador, pois a pesares de telo na casa, non me chamaba a atención sendo unha nena, pois prefería xogar na rúa cos demáis nenos.

Certamente, agora emprego moito máis as novas tecnoloxías, o portatil, o móbil, o mp3, a tablet... pero como ben se di na definición do termo, emprego varios aparellos a un tempo, e polo tanto, presto menos atención a cada un deles, sobre todo cando estou conectada a internet.

É ben certo que as tecnoloxías nos facilitan moito a vida, pero considero que o emprego delas xa desde a infancia aos niveles nos as empregan os nenos hoxe en día, fai que dalgún modo, se perdan os mellor da infancia.