Twitter e as suas claves

 

Esta nova entrada ira dedicada a Twitter, ese servizo de microblogging nacido dunha empresa californiana fai un par de anos e que tan presenta esta hoxe en día nos nosos ordenadores, teléfonos móbiles, tablets, etc.

 

Twitter emerxeu rapidamente ata chegar a ter un auxe incrible case sen darnos conta. O porque deste suceso ven dado na miña opinión polo que ofrece este servizo: unha ferramenta de comunicación sinxela, inmediata e que permite unha bidireccionalidade. Un intercambio constante de información de toda índole a calquera parte do mundo en tempo real, dando oportunidade a que as persoas accedan, construan e distribuan dita información dunha maneira sinxela.

 

Ademáis disto, tamén é importante o feito de que as persoas poidan compartir información tanto con amigos coma con artistas, empresas, institucións, profesionais, etc. Que este presente en Twitter. Polo que este servizo permite un acercamento moito maior, unha comunicación de igual a igual, que outros, o que fomenta unha retroalimentación da información.

 

Estas características son as que fan a este servizo diferente a outras plataformas presentes na rede.

                                                    image