As novas tecnoloxías e o cambio

Lendo artigos de periódico como os que vos deixo no seguinte link, podemos entrar no gran debate no que estivemos adentrados en moitas das horas de clase de Tecnoloxía Educativa.

http://www.20minutos.es/noticia/1859145/0/evolucion-informatica/avances/control-gestual/

http://www.20minutos.es/noticia/1856476/0/jovenes-telefono/quedar-whasapp/smartphone/

http://www.20minutos.es/noticia/1858272/0/buscadores/inteligentes/internet/

O traballo na clase e a realización de diversos vídeos que podemos encontrar en Vimeo, axudáronnos a reflexionar sobre o moito que cambiaron as tecnoloxías dende que eramos nenos.

O mero feito do contacto físico coas persoas, aínda que é algo vital que se segue a facer na actualidade, non é o mesmo. Antes había, clarisimamente, moito máis, que agora vese diminuído  polas novas tecnoloxías.

O xogar con máquinas está a substituír o reunirse unha pandilla de compañeiros no parque ou praza do pobo para xogar ao escondite, ao pilla-pilla ou simplemente para manter unha conversa entre amigos.

As novas tecnoloxías axúdannos a avanzar e traen consigo moitas facilidades e axudas que nos facilitan o día a día, pero fan que cambien moitas cousas que moitas veces non estaría demais volver a elas.

Creo que ao mesmo tempo que debemos avanzar e axudar a que se desenvolvan, debemos saber compatibilizalas e non abusar delas.