Moodle

Tecnicamente, Moodle é unha aplicación que pertence o grupo de Xestores de Contidos Educativos. De forma máis coloquial, podemos dicir que Moodle é un paquete de software para a creación de cursos e sitios Web baseados en Internet, é dicir, unha aplicación para crear e xestionar plataformas educativas. Dende ela podemos xestionar recursos educativos proporcionados polos docentes e organizar o acceso a eses recursos os estudantes.

Moodle foi deseñado por Martin Dougiamas, quen basou o seu deseño das ideas do construtivismo en pedagoxía, que afirmaban que o coñecemento se constrúe na mente do estudante en lugar de ser transmitido sen cambios a partir de libros ou ensinanzas.

Un profesor que opera dende este punto de vista crea un ambiente centrado no estudante que lle axuda a construír ese coñecemento con base nas súas habilidades e coñecementos propios en lugar de simplemente publicar e transmitir a información que se considera que os estudantes deben coñecer.

O deseño e desórollo de Moodle baséase, como apuntábamos arriba, é un determinada filosofía do aprendizaxe, unha forma de pensar que a miúdo se nomee como "pedagoxía constructivista social".

Así intentamos explicar con palabras sinxelas o que significa esa frase desenvolvendo os catro conceptos principais subxacentes. Tendo en conta que cada un de estes conceptos representa unha forma de entender un gran número de distintas investigacións.

Os catro conceptos principais subxacentes son: Constructivismo, Construccionismo,

Constructivismo social, Conectados e Separados.

image

Moodle distribúese gratuitamente como Software Libre, baixo a licenza pública GNU, polo que podemos copiar usar, modificar Moodle sempre que aceptemos proporcionar o código fonte a outros  e non modificar a licenza orixinal e os dereitos de autor. É fácil de instalar en calquera plataforma como un servidor WEB que soporte PHP. Requírese una base de datos. Finalmente o usuario só necesitará un navegador e conexión a internet para poder acceder a ela.

Os principais beneficios de Moodle son:

  • Liberdade: Podémolo utilizar en calquera sistema operativo e non está adaptado a un provedor de harware permitiranos  contar sempre con una abanico de opcións.
  • Reducións de costos: Moodle non require pagar ningunha licenza.
  • Xestión de coñecemento: Permite o almacenamento e recuperación de coñecemento produto das actividades e intercalacións alumno-profesor.
  • Arquitectura Modular: Agrupa as súas funcións a nivel de módulos. Estos son independentes, e podémolos activar ou borrar segundo sexa conveniente.

A nivel pedagóxico, Moodle promove una pedagoxía constructivista social (colaboración, actividades, reflexión crítica, etc.) e é posible usalo con outros modelos pedagóxicos. Permite tamén un seguimento e monitorio sobre o alumno ou estudante.