Situación actual das TIC na aula (Reflexión)

Nesta entrada vou a plantexar unha reflexión acerca de un problema do que falamos abundantemente en xa varias materias da carreira. Trátase da mal uso ou aproveitamento das TIC por parte dos docentes na aula. E é que dende fai anos estanse a falar e demostrar as potencialidades das mesmas, das posibles metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe que se poderían levara cabo, da revolución que supoñen para o sistema educativo, e en xeral de moitos dos beneficios que achegarían as TIC a ensinanza. Pero a pesar de todo isto, a maioría de docentes, non me refiro nin m oito menos a todos, so se limita en ocasións a elaborar unhas diapositivas en Power Point, utilizar materiais realizados por editoriais, ou xustifican o uso das TIC mandando os alumnos que realicen traballos en casa (traballos baseados case sempre no copy and paste da Wikipedia).

Entón podemos afirmar que algo non funciona, que hai obstáculos, sexan da natureza que sexan, que non permiten que os docentes introduzan dunha maneira máis correcta as TIC na aula.

Despois de ler e escoitar algo sobre o tema considero que básicamente hai dous tipos de causas ou obstáculos que orixinan esta situación: nun primeiro momento están os que deríban da Administración, e por outro lado os que dependen da propia actividade docente.

Un dos obstáculos máis grandes é a acción realizada pola Administración. A cal non ofrece medidas de regulación que impulsen os docentes a cambiar de metodoloxía, que fomenten as TIC e un uso máis eficaz das mesmas. Ademáis moitos dos programas que se realizan dende a asministración non teñen en conta para nada con a realidade dos centros, moitos so se limitan a dotar os centros de aparatos, os cales, o non haber unha especie de avaliación ou seguemento externo que analice a eficacia da implantación e uso deses aparatos, quedan sen ser usados ou sen que se lles de todo o uso que se podería.

Outro problema importante é o feito de que nos centros, os coordinadores encargados das TIC sexan máis ben vistos coma “encargados de mantemento” das aulas de informática e demáis, ca coma dinamizadores das TIC nas aulas. Tamén hai que destacar que en moitos centros a dotación de recursos tecnolóxicos non é suficiente, non estan ben implementados, etc... Por outra parte tamén existe unha notable falta de formación para a gran parte do profesorado. Moita da formación dos docentes en TICs baséase en cursos moitas veces inútiles, que son máis ben vistos como tramites para gañar puntos que para ser útles na ensinanza. Pero esta situación coido que é máis que nada debida a falta de motivación para un cambio, un cambio na metodoloxía da ensinanza na que o docente adapte as TIC e poida sacarlles todo o beneficio posible. De feito, como xa mencionei anteriormente, os docentes que tratan de ser os máis innovadores neste campo soen gañarse o título de “empregados de mantemento”.


                                                         image