Mónica Vanesa Rodríguez Hermida

Estudiante de 5º de psicopedagogía, cursé magisterio en lengua extranjera: inglés

Clase 25/09/13 Portafolios

Un día en clase, estivemos a falar dos portafolios, vimos varias definicións. Con elas deime conta, que evidentemente non hai unha única definición, nin unha única opción de entender os portafolios, de modo que, con case calquer elemento podes enriquecer ese portafolios, desde un diario ata enlaces ou cousas que che fagan reflexionar ou que ti consideres oportuno, sempre e cando expliques o porqué. Quédome cas palabras, de continuidade e compromiso, xa que aínda que non escribas todos os días, non significa que non esteas continuamente buscando cousas sobre o asesoramento.

Gústame o feito de que non se avalie todo simplemente cun "exame" ou "proba", xa que considero que poden afectar moitos factores nun día: como o estrés, un mal día, situacións complicadas... E o avaliar unha continuidade podes ver a implicación, o seguimento, e o traballo ó longo dun tempo; de modo que vou intentar reflexionar sobre cuestións que poidamos tratar tanto nesta como noutras asignaturas, e buscar información e enlaces relacionados co asesoramento.