A escola: contexto de aprendizaxe para os/as docentes

Esta semana vimos como os profesores que traballan no sistema educativo español seguen diferentes modelos de formación. Por unha banda temos o modelo integrado e por outra o secuencial.

No tocante ao primeiro, clasificamos a formación que reciben os mestres de primaria e infantil, porque ao longo dos seus estudos universitarios inclúense materias relacionadas co Coñecemento da Educación como poden ser: Psicoloxía do Desenvolvemento, Didáctica, Educación Especial, entre outras. No outro modelo estarían os profesores de secundaria ou de universidade, que se formarían neses contidos sobre educación ao rematar a súa formación nunha determinada área do saber como pode ser Química, Física, Historia, etc. Esta formación é necesaria porque saber moito dun determinado coñecemento non significa ter coñecementos específicos sobre o que é educar. Pero, é suficiente esta formación?

Por suposto que non. A realidade é que a escola non é un lugar ao que só van os alumnos a aprender. A escola é un contexto de aprendizaxe para todos: para alumnos e para profesores. É dicir, o docente non só necesita unha formación inicial, senón tamén unha ao longo da vida, e a escola, é o mellor lugar onde poden ver se están exercendo ben a súa profesión: atendendo ao feedback, poñéndose retos, avaliando a súa acción e dándolle a benvida aos erros para mellorar como docente...

Polo tanto, sí é necesaria unha formación inicial do profesorado pero tamén unha continua, pois hai que saber aplicar eses coñecementos da educación e afrontarse a novos problemas e realidades que se presentan hoxe en día na escola. Por elo, a formación continua do profesarado debería ser obrigatoria. Pero, cómo podemos axudar aos profesores a aprender mellor do seu día a día na escola? Pois aquí é onde entran as novas tecnoloxías, e será ao que adicarei o seguinte post. 

Bibliografía

Rosales,C.(2009). Didáctica: Innovación en la enseñanza. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas.

Comentarios

  • Enelina

    Estou dacordo coas túas verbas, pois as institucions educativas non só forman a alumnos, senón que os profesionais da educación tamén se forman ou deberían formarse día a día a través do que os alumnos lles transmiten, e non limitarse a ser un mero transmisor duns contidos que aparecen nun material didáctico, ou aquelo que está estipulado nun programa ou nun proxecto curricular de centro. 

     

    Un saúdo e bo fin de semana.