Reconceptualización

“No asesoramento, aprender significa reorganizar as nosas interpretacións, modificalas, facelas máis sofisticadas e en consecuencia ser capaces de abordar realidades tamén máis complexas e cun maior número de matices.”

Comparto este fragmento dun texto de Isabel Solé (1998) que me chamou a atención buscando o termo asesoramento entre os materiais de materias pasadas. Penso que a idea que nel se presenta conecta á perfección co espírito desta materia pois, como se comentou nos primeiros días de clase ao presentala, está baseada na reconceptualización, é dicir na reestruturación dos nosos esquemas de coñecemento para convivir con novas realidades en continuo cambio.

 

REFERENCIAS:

Solé, I. (1998): “Un modelo educacional-constructivista de intervención psicopedagógica”. En I. Solé, Orientacion educativa e intervención psicopedagógica. Barcelona: ICE-Horsori.