• Blogs
  • Red de pedagogas
  • Os nosos pensamentos sobre o profesorado de infantil, primaria, Secundaria, Universidade

Os nosos pensamentos sobre o profesorado de infantil, primaria, Secundaria, Universidade

As nosas historias son diferentes debido a que nos educamos en contextos diversos, dende un pequeno concello ata unha gran cidade. A diferenza máis importante deste aspecto recae no número de alumnos por aula, e a relación existente dentro dos centros en xeral, tanto cos profesores como coas familias. Aínda que a situación que vivimos foi distinta chegamos a  unha serie de conclusións moi similares.

 

A nosa visión sobre os nosos primeiros anos de escolaridade, no que se refire á relación cos profesores, non é de todo obxectiva, xa que naquelas etapas non posuíamos a capacidade crítica requerida para determinar se un mestre era bo ou non.

 

O profesorado de infantil e incluso primaria é moito máis cercano que os dos niveis educativos superiores. Esta idea pensamos que se debe a cantidade de horas que pasaban dentro da aula con relación aos outros, así como a posibilidade dunha metodoloxía moito mais aberta e individualizada. Por outro lado, a visión que temos dos profesores de infantil e como a duns segundos pais, coincidindo en que son un referente nas nosas vidas.

Clase de infantil

No caso da educación primaria a nosa relación cos mestres continuou sendo igual que en infantil, mais co paso dos cursos, o aumento de responsabilidade, así como o aumento de contidos e a fragmentación destes en diferentes materias, cambiou paulatinamente a súa cercanía, así como a nosa opinión deles.

Clase de educación primaria

Neste punto consideramos importante facer fincapé nas metodoloxías e na organización dos espazos, na educación primaria, secundaria e bacharelato. En infantil as aulas dispoñían dun mobiliario e uns materiais acorde coa idade e coas necesidades educativas deste período, ao entrar en primaria a organización das aulas, así como os materiais que estas posuían cambian progresivamente a medida que pasan os cursos. A disposición das mesas en forma de U ou agrupadas por parellas, implicaba en gran medida que a profesora fose máis cercana ao grupo, mentres que en secundaria, as disposicións individuais e a especialización dos profesores en áreas teóricas específicas, implica un aumento do distanciamento con estes. Un dos factores máis destacables é que os docentes pasan de centrarse na formación dos alumnos, a dar unha serie de contidos nun tempo determinado.

Clase de educación secundaria

Con todo, temos tanto bos recordos como malos dos nosos profesores, sendo moitos deles piares importantes da nosa formación. Ademais a relación deles coas nosas familias era distinta dependendo do nivel educativo, así como do tamaño do centro, sendo maior nos niveis inferiores, así como en centros de tamaño menor.

 

En parte a concepción que temos dos nosos profesores débese a formación que eles recibiron así como a súa actitude fronte ao seu traballo. Neste punto distinguimos unha diferenza moi notable entre os profesores de infantil e primaria e os de secundaria e bacharelato. Creemos que isto se debe a que o profesorado de infantil e primaria teñen unha orientación vocacional, xa que dende un primeiro momento elixen ser mestres, mentres que nos outros niveis a formación que reciben non é específica para o traballo que van a realizar.


A universidade é un punto e a parte na relación profesor- alumno que coñeciamos ata o momento. O feito de elixir unha titulación implica que a concepción do alumno para o profesor cambie paulatinamente ao longo dos cursos, non sendo tan importante o que es agora como o que vas a ser nun futuro. A formación está orientada a que academos unha profesión, e ante isto non somos receptores de información senón que somos parte fundamental do noso aprendizaxe, cousa que ata o momento non experimentáramos desta maneira. Ademais, o escaso número de horas que ten unha materia implica que a nosa relación cos profesores non sexa tan cercana como nos outros niveis. Por outro lado, a individualización do traballo de cada profesor implica unha desconexión dunhas materias con outras. Ante isto debemos dicir que en secundaria e bacharelato ocorría algo semellante, mais ao ser un menor número de alumnos, ao final a relación duns profesores con outros era máis cercana, incluso relacionándose materias, cousa que non ocorre na universidade.

Comentarios

  • Cristina Herrera Madrid

    Estoy muy de acuerdo en lo referente a la vocación en los profesores de infantil y primaria. Creo que la actitud con la que el profesor o profesora enseña es fundamental, los alumnos se dan cuenta cuando el docente no está agusto dando una clase y eso afecta a la atmósfera de la misma y en la actitud de los alumnos ante la materia.

    Aunque los profesores de secundaria y de los demás niveles de formación pueden tener vocación y dotan sus clases de motivación y entusiasmo, creo que es mayor el número de profesores/as en primaria e infantil que realizan su trabajo con esa pasión. Como dices (y de lo cual se ha debatido en clase ampliamente) el problema reside en que no reciben una formación específica para ella o muy escasa.