Primeiras impresións: rede social Stellae

Quero comezar coa miña andaina na rede Stellae e tamén coa estrea do blog de dita rede, facendo unha breve reflexión e valoración das impresións que me xerou a primeira clase de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores.

Así pois, dende a miña perspectiva considero necesario que unha persoa que se dedique ao ámbito educativo estea debidamente formada e adaptada as esixencias da sociedade actual. Neste senso, as novas tecnoloxías é un mundo que está a avanzar de xeito vertixinoso e, polo tanto, require da nosa parte unha formación axeitada nelas.

Por iso, esta nova aventura a comezo con ganas porque creo que fan falta materias así, que nos “obriguen” a modernizarnos e a estar actualizados; desta vez, inmersos nunha rede social, a cal teremos que ir actualizando pouco a pouco.

Ademais disto, quero destacar que, para min, un sistema de ensinanza idóneo é aquel que xera aprendizaxes significativas a través dun modelo construtivista. Esta rede segue fieis os principios deste e, por iso, me parece unha boa ferramenta de aprendizaxe.

Por último gustaríame destacar o “learning by doing”, aprender facendo, xa que este implica que sexa a propia persoa a que teña que autorregularse o cal entraña, a súa vez, unha aprendizaxe autónoma. É dicir, desfacerse das comodidades de ter todo feito, e aprender realmente e de xeito moito máis eficaz por un mesmo, aínda que sexa máis custoso, afastándose por tanto de perspectivas máis clásicas da aprendizaxe que aínda a día de hoxe, seguen a ser predominantes nas aulas.

 Así pois, comezo con este novo reto: a inclusión na rede social Stellae.