O docente como investigador da súa propia práctica

No anterior post falei brevemente dos tipos de formación inicial do profesorado que temos en España, tamén mencionei a importancia da formación permanente do profesorado tendo en conta a práctica que desenvolven nas aulas. Recordemos que os profesores non só aprenden na universidade, senón tamén nas escolas, pois son neses contextos no que poden levar á práctica os coñecementos adquiridos sobre educación, reflexionar sobre a súa acción e cambiala se fose preciso.

Faise necesario polo tanto falar de Donald Schön neste post. Schön durante os anos setenta revisou os programas de formación universitarios europeos e norteamericanos, atopando que estaban marcados por unha lóxica dominante derivada dun enfoque positivista, tecnicista de medios-fins, no cal a formación do profesional se relacionaba fundamentalmente coa apropiación de saberes e técnicas producidos por as comunidades académicas e científicas. Shön razoa sobre o por qué de que ese modelo estea en crise:

  • A vida profesional trancorre nun terreo de indeterminacións e situacións de inestabilidade nas que en moitos casos o saber acumulado non funciona.
  • Dificultade de formar na autonomía e a responsabilidade profesional de aprender xa que ese modelo xera dependencia do saber establecido.

Tendo en conta esa crise, Schön adícase a analizar formas de construcción de coñecementos de aqueles profesionais que sí son autónomos. Pon por exemplo a formación dun artista plástico que comeza formándose facendo (o "learning by doing" de Dewey), experimentando e explorando técnicas ao carón do experto. 

Estas análises levaron a Schön a propor unha epistemoloxía da práctica como camiño para a formación dos profesionais, na que distingue:

  • Coñecemento na acción. A destreza do seu actuar da conta do dominio do saber.
  • Reflexión na acción. Consiste en pararse a pensar durante a acción, sen interrumpila, e esa reflexión pode axudarnos a cambiar sobre a marcha o que estamos facendo.
  • Reflexión sobre a acción. Obxetivamos a acción e pensamos sobre ela, pode ser logo de haber feito a acción.
  • Reflexión sobre a verbalización desa acción. Espazo de producción da teoría do saber obxetviado sobre o facer.

Para Schön, a investigación nace da práctica dos casos particulares, dálle resposta aos casos particulares, que da resposta por medio da reflexión crítica sobre a mesma. Nas súas propias palabras a investigación prodúcese:

"Cando alguén reflexiona dende a acción, convértese nun investigador nun contexto práctico. Non é dependente das categorías da teoría e a técnica establecidas, senón que constrúe unha nova teoría dun caso único. Non mantén separados os medios dos fins, senón que os define interactivamente como marcos dunha situación problemática. Non separa o pensamento do facer, racionalizando o seu camiño cara unha decisión que máis tarde se debe convertir en acción" (Schön, 1998: 72).

Donald Schön móstranos que a formación permanente é necesaria dada a inestabilidade do ámbito no que traballamos, que é cambiante. Tamén nos ensina que os profesores poden ser investigadores da súa propia práctica. Pero, ¿cómo podemos facilitar que a formación permanente integre a reflexión práctica? ¿Está a solución no emprego do e-learing?

O e-learning está fortemente vinculado á reflexión sobre a práctica e a investigación da mesma, porque nos fai responsables da nosa propia aprendizaxe, podemos reflexionar sobre as nosas experiencias e compartilas con outros, levar a cabo proxectos profesionais, etc. Un exemplo de plataformas de aprendizaxe a distancia son as MOOC, que son cursos online,gratuítos, masivos e abertos nos que os participantes conectan entre sí e colaboran na construcción da aprendizaxe acerca dun tema que lles interese. Fanse conexións entre o material que está na MOOC, o que atopamos nós en outras fontes e o que os nosos compañeiros de MOOC tamén atopen, creando así redes de aprendizaxe. ¿Qué outros recursos online empregaríades vós que tivesen en conta a formación continua e ao mesmo tempo a reflexión sobre a práctica?


Webgrafía empregada:

http://www.cfp.us.es/e-learning-definicion-y-caracteristicas  (Consultada o 1/10/2013)

http://www.practicareflexiva.pro/wp-content/uploads/Mauricio-Perez-Abril.pdf (Consultada o 1/10/2013)

http://www.recursostic.educacion.es/observatorio/web/es/internet/recursos-online/1089-icomo-implementar-el-e-learining-en-los-procesos-de-ensenanza-aprendizaje (Consultada o 1/10/2013)