ACTA CLASE 25/09/2013 (CARTAFOL)

Nesta segunda sesión da materia, estivemos a ver que era un cartafol, e en concreto un cartafol electrónico; así como a súa función, a estructura, os elementos que o compoñen, as fases de realización, os criterios de avaliación do noso cartafol e por último os bloques temáticos que compoñen esta materia.

En primeiro lugar, podemos  definir que existen diversas definicións dun  cartafol, sen embargo, todas teñen máis ou menos os mesmos elementos en común.

O cartafol  é unha ferramenta que permite unha colección de evidencias de diferentes procesos de aprendizaxe, como poden ser a formación, , as vivencias e os intereses persoais.

Tal e como vimos na clase, “el portfolio es una recopilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artículos, prensa, publicidad, trabajos, páginas web, notas, relatos, etc.) considerados de interés para ser guardados por la significatividad con ellas construídos” . (Montero,2002).

Ou tal é como considera Shulman en LYONS, 1999:18 “un portafolio didáctico es la historia doumental estructurada de un conjunto (cuidadosamente seleccionado) de desempeños que han recibido preparación a tutoría, y adoptan la forma de muestras del trabajo de un estudiante que sólo alcanzan realización plena en la escritura reflexiva, la deliberación y la conversación”.

Trátase, polo tanto dun documento composto por outros documentos, xa sexan imaxes, vídeos, artigos, enlaces, audios, … unha infinidade de arquivos que se poden almacenar e compartir co resto da comunidade.  

Hai que ter en conta tal e como mencionou a profesora Lourdes Montero na clase, o portafolios non so  ten  función arquivadora, senón que debe ir máis alá, constituíndo un espazo para a reflexión,  para a aprendizaxe e para o enriquecimento; é dicir, é unha ferramenta que permite ao alumnado “learning by doing” (aprender facendo).

Por outra banda, o cartafol ten dúas funcións. A primeira delas é a de ´recoller, e reflexar as experiencias máis significativas dunha persoa (estudante, profesional, traballo,...) de forma continuada´; e a segunda é a ´información clara sobre o nivel de competencia e doutras experiencias importantes ao longo da súa aprendizaxe ou carreira`.

Para rematar, non podemos obviar a gran vantaxe que ofrece o e-portafolios como técnica de avaliación, xa que permite tal como menciona (Barragán,2005,p.125):

  • Avaliar tanto o proceso como o producto.
  • Motivar ao alumnado para reflexionar sobre a aprendizaxe.
  • Desenvolver destrezas colaborativas entre o alumnado.
  • Promover a capacidade de resolución de problemas.
  • Proveer aos profesores de información para axustar os contidos do curso ás necesidades dos estudantes.

Tratáse polo tanto, dunha avaliación continúa o cal é favorecedor para o alumnado, xa que permite realizar o seguimento por parte do profesor/a , do proceso de aprendizaxe de cada un dos/as alumnos/as. Outra das posibles vantaxes é que permite ao alumnado a planificación das tarefas e das actividades a desenvolver a longo da materia.