• Blogs
  • arminda
  • Sentido da Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado para o traballo como pedagog@s....

Sentido da Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado para o traballo como pedagog@s. Opinión persoal.

Para comezar esta nova andaina na rede social Stellae dentro da materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, considero de oportuno centrarme nunha das preguntas que xurdían na sesión expositiva do pasado 25 de setembro:

- ¿Que sentido pode ter esta meteria no futuro profesional dos futur@s pedagog@s?

Pois ben, na miña opinión, ten unha gran importancia, xa que no noso futuro profesional como pedagog@s, entre outras funcións, poderemos levar a cabo a función de formador de formadores, pois podemos deseñar, implementar e mesmo incluso impartir cursos de formación continua tanto para profesorado coma para outros profesionais.

Neste sentido, vexo unha gran vinculación e poida que incluso unha gran interdependencia desta materia coa de Tecnoloxía Educativa, pois nos tempos nos que vivimos, a tecnoloxía é un medio a través do cal realizamos moitas das nosas actividades cotiás, ben formativas e laborais, coma relativas ao ocio e tempo libre. Vendo a relevancia da tecnoloxía no mundo actual, non cabe ningunha dúbida sobre a importancia de desenvolver competencias que nos permitan empregar de maneira axeitada os recursos tecnolóxicos que temos á nosa disposición, tamén no ámbito educativo, xa que cada vez vai gañando máis forza o emprego da tecnoloxía como ferramenta no proceso de ensino-aprendizaxe.

Persoalmente, considero que a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, nos axudará a darnos conta da gran necesidade de continuar formándonos durante a nosa vida laboral, dad a gran importancia que ten actualizar os nosos coñecementos e do mesmo xeito, poida incluso que nos axude a descubrir a nosa verdadeira vocación como formadores ou se pola contra preferiremos decantarnos por outras ramas da Pedagoxía.

Dito isto, penso que sería interesante volver a plantexarnos esta mesma pregunta unha vez remata a materia, pois seguramente a resposta sexa moito máis rica en canto á argumentación, e poida incluso que o razoamento non teña nada que ver coa resposta actual.