Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Clase do mércores 2 de outubro de 2013

EXAMINAR O QUE TEÑO.

Nesta segunda sesión da materia presentóusenos unha tarefa de segundo nivel de análise, “examinar o que teño”, a partir dunha pequena guía. Dita guía foi a seguinte:

  1. A comprensión da tarefa.
  2. O común e o diferente.
  3. O que hai e o que non hai.
  4. Autores/as emerxidos.

Para levala a cabo o que fixemos foi dividir as cinco cuestións que se presentaran na primeira tarefa grupal sobre asesoramento entre os grupos presentes na clase.

A nós encomendóusenos a tarefa de analizar as primeiras das cuestións, a que presentaba o interrogante sobre cantos ámbitos diferentes eramos capaces de identificar  nos que se levase a cabo asesoramento cos nosos coñecementos previos.

En canto a comprensión da tarefa podemos dicir que todos a entendemos da mesma forma, xa que as respostas presentadas eran practicamente iguais en todos os grupos.

Analizando o común e o diferente, dicir que eran moitos os ámbitos nos que todos os grupos coincidimos e tan só aparecían unhas pequenas diferenzas nalgúns grupos que identificaron ámbitos ou escenarios moi concretos do asesoramento.

En relación ao que hai e ao que non hai, destacamos que botamos en falta a presentación de algunha definición sobre o que os grupos entendían por ámbito ou escenario de asesoramento.

Por último, en canto aos autores/as emerxidos dicir que ningún dos grupos mencionou o autor/a de tales clasificacións. Por isto, podemos sinalar que todos os grupos poderían presentarse como autores/as de ditas exposicións xa que esta primeira cuestión foi resolta a partir dos nosos coñecementos previos.

Para recoller as nosas reflexións o que fixemos foi elaborar un documento que estará presente no grupo “psicopedagogas en acción”.

O que fixemos para continuar con esta sesión, foi poñer en común o elaborado por cada grupo para contrastar respostas e opinións. A medida que ían saíndo as nosas conclusións emerxían diferentes debates e cuestións que todos e todas tentábamos resolver coas nosas opinións e coñecementos.

Unha vez feito un pequeno descanso durante a sesión, xa de volta na clase a profesora propúxonos cousas que facer ou temas sobre os que reflexionar para así poder continuar coa elaboración deste blog personal.

O que farei será ir subindo diferentes entradas con todas estas proposicións e outros temas sobre os que considere oportuno escribir.