Reflexión sobre o profesorado de infantil, primaria, secundaria e a universidade.

Ao noso parecer, a formación do profesorado e moi similar nos niveis de infantil e primaria, pois ambolos dous grupos de profesionáis formanse en grados específicos que se imparten na facultade de Ciencias da Educación.

Chegamos á conclusión de que estes profesionáis son realmente importantes, porque son os primeiros en educarnos e a causa disto, son os encargados de ensinar os elementos máis básicos a nivel académico. Ademáis, son máis cercanos e sentan as bases dos futuros aprendizaxes.

Durante as etapas de infantil e primaria, a cantidade de docentes é menor que noutras etapas posteriores, debido a que un so mestre imparte un gran número de materias. Isto debese a que a cada ciclo se lle adxudica un profesor-titor que acompaña e dirixe ao grupo ademáis de impartir as materias básicas durante dous anos a un curso en concreto.

Como gran diferencia entre estes dous períodos educativos, compre indicar que o primeiro é de carácter optativo, mentres que o segundo é obrigatorio.

A formación do profesorado da etapa de secundaria, impartese nas facultades específicas para cada materia, para posteriormente, realizar un máster en formación pedagóxica, chamado máster de formación do profesorado. Esta etapa educativa centrase máis no contido da propia materia que na formación real do estudantado. A metodoloxía pasa a ocupar un papel secundario, ata o punto de centrarse máis no cumprimento de certos obxectivos, que na propia educación, como por exemplo, os proferores que dedican a súa labor docente á preparación das probas de selectividade.

Por outra banda, temos que decir que existe moita variedade de profesorado, tanta como ámbitos de coñecemento.

No tocante á formación do profesorado universitario, levase a cabo na propia universidade a través dos diferentes traballos de investigación. Son os máis específicos e existen dous grandes grupos; aqueles máis motivadores  e encargados de abrirnos os ollos de cara o noso futuro profesional, e outros máis mecánicos.