Primeiras sesión de traballo na aula

            Despois da aproximación que fixen na entrada anterior a nova ferramenta de traballo desta materia, paréceme conveniente facer un pequeno recordatorio sobre o que levamos traballado nas sesión de clase.

            O primeiro contacto coa materia tíveno o día 18 de setembro; dita sesión de clase dividiuse en dúas partes. Na primeira delas tentamos responder entre todos a cuestións como ¿quen somos?, ¿a que viñamos?... entre todos. A continuación a profesora falounos da metodoloxía que empregariamos durante o curso. Dita metodoloxía asenta as súas bases no constructivismo: “aprender facendo” (“learning by doing”), sendo nos, os alumnos os protagonistas (aprendizaxe activo) de todo o proceso de aprendizaxe guiado sempre pola profesora. Iremos construíndo o noso propio coñecemento e aprendendo a través do noso esforzo, dedicación e traballo persoal e continuo na elaboración do porfolio. Outro dos eixos da metodoloxía é a aprendizaxe autónoma, pero o mesmo tempo en comunidade, axudándonos os uns a os outras mediante a plataforma Stellae.

            Na segunda parte da clase, trasladámonos a  aula de informática onde Nuria Giadas, nos presentou a nova ferramenta de traballo, a plataforma Stellae. Dita plataforma é unha rede de ensinanza, aprendizaxe e avaliación que nos vai permitir crear o noso propio porfolio electrónico.

            Rematou a clase e quedou en min unha vertixinosa sensación de desesperación, perdida...etc aínda que quedei con moitas ganas de comezar a mergullarme por esta nova rede social e enriquecerme con ela. O que mais me gustou da ferramenta é a posibilidade que nos brinda de traballar en grupo, construír o coñecemento de forma colaborativa entre alumnos e profesora.

            A miña segunda sesión desta materia foi o luns día 23 de setembro na que tamén dividimos en dúas partes. Na primeira parte, Lourdes fíxonos un acercamento a ferramenta de traballo, o porfolio. Nela tratamos  o significado desta ferramenta, as distintas definicións do mesmo, as súas funcións, tipos,os aspectos que se poden incluír, ideas para a súa estruturación, as fases para a súa elaboración (Elena Cano 2005)...; aspectos que tentei afondar na miña anterior entrada.

            Na segunda parte da sesión traballamos en grupo para resolver a tarefa 1 proposta pola mestra. Con esta tarefa, adentrámonos nos nosos coñecementos previos sobre o asesoramento, ¿que entendemos por asesoramento?, respondendo con estes as catro preguntas que se nos propoñían: escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento; que fai un asesor (describir as tarefas desenvolvidas)?; que entendiamos por asesorar (elaborar unha definición) ; e se se podía falar da profesión de asesor/a e a formación que se necesita. En pequenos grupos demos resposta a todas estas preguntas, para mais tarde facer unha posta en común con resto dos compañeiros do grupo – clase mediante unha choiva de ideas. Ó rematar, realizamos a 5º tarefa das propostas pola mestra, na que procuramos información para contrastar as nosas ideas previas, contratándoas, alimentándoas e enriquecendo as ideas previas. O documento onde está realizada toda esta labor está subido a plataforma stellae no grupo de traballo en hombros gigantes; grupo do cal xa non formo parte, pois por motivos laborais tiven que cambiarme para o grupo dos mércores.

            Na  terceira sesión, realizada o mércores 2 de outubro, seguimos afondando sobre a tarefa 1, realizando un análise mais profundo da mesma para enriquecer os coñecementos entre todos. Para comezar a actividade a profesora entregounos un documento a cada grupo de traballo onde estaban recollidas as resolucións das respostas da primeira actividade (a realizada o luns 23 de setembro).

            A actividade que se propoñía para esta sesión consistía en analizar detalladamente cada unha das respostas que lle daban os grupos a cada unha das preguntas plantexada. Para dita análise contestábamos a catro cuestións: a comprensión da tarefa por parte do grupo; o común e o diferentes entre as respostas dos grupos; o que había e o que non había nas respostas; e os autores emerxidos que aparecían nas respostas. Cada grupo encargouse de analizar una das cinco cuestión. O meu novo grupo de traballo las currantas, o cal pertencerei ata o final da materia, analizamos detalladamente a tarefa 5, que está subida en dito grupo de traballo na plataforma stellae.

            Despois da análise individualizada de cada grupo, fixemos unha posta en común no grupo – clase. Na primeira cuestión os grupos coincidiron en que: en ningunha das respostas aparecían referencias a autores e que os niveis de xeneralidade e precisión eran moi diferentes. No referido a terceira pregunta argumentaron que as definicións estaban, na súa maioría centradas no ámbito educativo, coincidían nas función do asesor e tamén mencionan a ausencia de citar autores. A cuarta cuestión, segundo o grupo de análise, foi interpretada da mesma maneira por todos os grupos, aínda que o nivel de afondamento foi distinto e sinalan a falta de unanimidade, pois hai un grupo que defende que é unha profesión mestras que o resto de grupos restantes defenden que é un rol (rol de asesor).

            En dita posta en común entre todos os compañeiros da clase emerxeron preguntas que provocaron grandes debates; algo que considero moi beneficioso, pois é un alimento fundamental para enriquecer os coñecementos, mellorando as nosas habilidades sociais e de comunicación en xeral. A cuestión que mais debate creou foi a 4º na que emerxeron preguntas como: ¿que era un couch?, ¿hai fronteiras entre as profesións? E sen dúbida as que mais polémica suscitaron foron: ¿realmente existe a profesión de asesor?; cuestión que tentarei resolver en futuras entradas, aínda que, en principio, creo que si que existe, pero afondarei nela para dar unha resposta con fundamento.

             En futuras entradas contarei o sucedido na aula e tentarei responder tanto as preguntas suscitadas na aula coma as que afloren en min.