Diario **mércores 25 de septembro**

Nesta sesión de mércores 25 de septembro, coñecemos e indagamos na ferramenta clave nesta materia, como principal obxectivo das nosas andanzas na mesma e unha novidade para moitos dos alumnos, "e-portfolio".

 Así debemos comezar por definir que é o portfolio e cales son as súas características. Podemos definilo como "unha recopilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artículos, prensa, publicidade, programas, trabajos, artículos, páginas web, notas de campo, diarios, relatos, etc.), considerados de interese para ser gardados polos significados con elas construidos" (Montero, 2002).

Neste caso que nos atañe, crearemos un porfolio electrónico (de aí que sexa unha técnica nova, pois nunca tiven a oportunidade de traballar e crear o porfolio en formato dixital). Así, o portfolio electrónico podemos definilo como "unha colección de artículos dixitais (ideas, probas, reflexións, comentarios, etc.) que se presenta como evidencias de aprendizaxe e/ou capacidade dunha persoa" (Sutherland e Powell, 2007).

 Tendo en conta as diferentes definicións, foi preciso comentar a dobre función que os caracteriza:

- recoller e reflexar as experiencias máis significativas dunha persoa (estudiante, profesional, traballador, etc.) de forma continuada.

- informar de forma clara sobre o nivel de competencia e de outras experiencias importantes ó longo da súa aprendizaxe ou da súa carreira.

Nesta liña, cabe dicir que puidemos comprobar que non existe unha única e exclusiva maneira de entender o portfolios, senón que a súa definición vai depender da concepción de ensinanza, aprendizaxe, avaliación e coñecemento.

Outro aspecto importante a recoller foi a aportación de "ideas sobre a súa estructura" para facilitarnos a súa creación, referentes ó formato, índice, introdución, dar conta do proceso desenvolto a través dun diario, blogs, etc.

 Ademáis deste achegamento á consideración e conceptualización do portfolio, indagamos nos diferentes bloques temáticos sobre os que se sustenta a materia "Asesoramento curricular de centros e profesores":

  • Bloque temático 1: orientado a delimitar ou posibilitar a construción dun panel de asesores e asesoras que poida ser desempeñado nun futuro como profesionais de psicopedagoxía. Así, titúlase "psicopedagogos/as e contextos de asesoramento".
  • Bloque temático 2: fundamentado en contrastar as funcións de "profesores e asesores".
  • Bloque temático 3: fará referencia á "procesos e ferramentas para o desenvolvemento curricular na atención á diversidade".

Tras esta primeira parte da sesión fundamentada nun aspecto máis teórico como foi a conceptualización do termo e-portfolio e a indagación nos bloques temáticos da materia "Asesoramento curricular de centros e profesores", a segunda parte da sesión baseouse nunha pequena práctica denominada Que entendemos por asesorar?, relacionada co primeiro bloque temático (tarefa 1), para a cal a mestra Lourdes Montero achegou unha serie de cuestións introductorias para os contidos deste primeiro bloque:

1) Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento (canto máis diversificados mellor).

2) Que fai un asesor/a? Describir as tarefas desenvolvidas.

3) Que entende por asesorar o grupo de traballo? Elaborar unha definición.

4) Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?

5) Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida.

Esta tarefa consistiu nunha actividade de carácter grupal, a través da cal se formaron grupos de traballo na rede social Stellae, á cal se subirán os arquivos coas tarefas resoltas.

Ademáis, cabe dicir, que tamén se fixo unha pequena referencia á tarefa 0, como tarefa introductoria da materia, que nos serirá para profundizar en sesións posteriores nos significados do asesoramento en educación, respondendo así a cuestión inicial "De onde vimos?", na cal a mestra pediunos achegar aquelas materias nas que houbesemos traballado o termo relativo ó asesoramento no seu máis amplo sentido. Foi unha pequena inciso co que introducimos o termo e démoslle maior relación co que levamos traballado ata o de agora.

O traballo realizado nesta sesión, así como na anterior, podemos definilo cos seguintes conceptos:

image