Diario **mércores 2 de outubro**

Tra-la realización previa por parte dos grupos da tarefa 1 encomendada na sesión anterior, denominada "Que entendemos por asesorar?" na cal se tratou de delimitar as características do papel e as tarefas profeisonais como futuros asesores e asesoras, a mestra achegou un documento elaborado coas distintas aportacións dos diferentes grupos a cada unha das cuestións formuladas na tarefa1, que foron colgadas no e-portfolio por cada grupo de traballo formado no grupo-clase.

Tales cuestións baséanse no seguinte:

1) Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento.

2) Que fai o asesor ou asesora?

3) Que entende por asesorar o grupo de traballo?

4) Pode falarse da profesion de asesor/a? Que formación necesita?

5) Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida.

Dada esta información, atopámonos cunha riqueza de informacións que nos serviron como base para profundizar nos significados do asesoramento en educación: a identificación dos distintos escenarios, as tarefas, a maneira tra-la cal comprendemos os seus significados, a reflexión sobre a formación necesaria para asesorar de maneira comeptente, o contraste de novas crenzas, posicións de diversos autores, etc. que foron un punto de partida para continuar comentando todo o relaiconado co asesoramento educativo no ámbito de orientación.

Desta maneira, para realizar a análise dos diferentes apartados que conformaron o documento, utilizamos unha breve guía sobre a que, cada grupo profundizou nun aspecto:

- a comprensión da tarefa.

- o común / o diferente.

- o que hai / o que non hai.

- autores emerxidos e a súa relación no asesoramento.

En concreto, o grupo ó que formo parte ("Psicopedagogas viaxeiras"), estivemos analizando o último dos puntos anteriores, tras a lectura global do documento. Neste caso visualizamos que non todos os grupos facía referencia as fontes bilbiográficas ou webgrafía empregada, relevantes para a exploración das cuestións formuladas. Contrastamos ademáis, as múltiples definicións de asesoramento en base a diferentes autores, tales como Bolívar, Monereo, etc. e observamos que todas se tocan ou complementan na información que nos aportan.

Despois de indagar entre todos os grupos presentese comentar o documento que recollía tódala información aportada, estableceuse un pequeno debate no que xurdiron cuestións relacionadas ó respecto, tales como:é unha profesión ser asesor? Hai ou existe unha titulación para tal?, ...sobre as que todas as respostas recabadas suxeriron o mesmo: "se a persoa se especializa nesa función, entón fai da súa tarefa unha profesión, no seu campo específico do que procede". É dicir, falamos así de orientador no ámbito educativo, de asesor da imaxe no ámbito da imaxe persoal, etc.

Dificilmente poderemos asesorar sen coñecementos polo que, a pesares de non existir unha titulación como tal en xeral, si existe específicamente formación no campo sobre o que asesoramos (tal e como ocorre coa nosa titulación, como requisito fundamental para ser orientador nun centro de educación básica ou no ámbito privado en canto a gabinetes psicopedagóxicos se refire).

Polo tanto, podemos concluír que se da o caso de que a persoa vai configurando esa profesión, xa que neste caso que nos ocupa non hai unha formación ligada a un tipo de tarefa, pois hai máis dunha, dependendo á finalidade ou ámbito polo que optemos.

Cabe dicir na mesma liña, que como consecuencia de todo isto, o marco de intervención da orientación psicopedagóxica inclúe as seguintes áreas de formación dos orientadores [1]:

 

- Orientación para o desenvolvemento da carreira.

- Orientación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

- Atención á diversidade.

- Orientación para a prevención e o desenvolvemento.

E para rematar, apoio cunha ilustración á importante e o mesmo tempo complexa actividade que se presenta no marco da orientación no ámbito educativo:

image

 

___________________________________________________________________________________________________

[1] Extraído de http://www.uji.es/bin/publ/edicions/jfi8/psico/43.pdf