Los Pedagogos del fondo

Los Pedagogos del fondo

Mira hacia atrás y nos verás aprendiendo

Práctica 1.Formación do Profesorado

FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO PROFESORADO

Tarefa 1: Historias previas.

 

Cuestión 1

 Trala sesión expositiva desta materia reflexionamos acerca de diversas cuestións pero, sobre todo, chamounos moito a atención unha das preguntas formuladas por Lourdes Montero referida ao aprendizaxe implícito extraido da docencia recibida ao longo da nosa formación educativa. Destacamos este feito xa que nos parece fundamental a hora de resolver estas cuestións.

            Tras a posta en común das nosas experiencias nos distintos centros educativos realizaremos unha análise pormenorizado de cada nivel, e dicir, Infantil, Primaria, Secundaria e Universidade.

  • INFANTIL: Deste nivel, destacamos principalmente o carácter xeralista dos formadores ou docentes, xa que consideramos que esta profesión implica un desenvolvemento de diferentes roles segundo dicten as circunstancias. Ademais, tamén concordamos nunha serie de habilidades que deberían estar moi presentes neste colectivo:
    • Carácter motivacional
    • Atención personalizada
    • Metodoloxía práctica e directa
    • Importancia do aspecto lúdico a hora de desenvolver o “curriculum”
    • Sensación de calidez (afecto)

            Para concluir coa análise deste nivel, tódolos componentes do grupo coincidimos na grande importancia deste periodo, e como non, dos traballadores implicados nel, sobre todo, do profesorado, xa que este é o primeiro contacto dos alumnos co ámbito educativo (que os marcará de por vida na maioría dos casos).

  • PRIMARIA:  Dende o noso punto de vista, creemos que é unha etapa que ten gran relevancia na formación educativa. Isto débese a que é aquí onde realmente consolidamos unha base que vai ser importantísima nos seguintes niveis escolares.

Consideramos que ademais de aprender a sumar, restar, ortografía etc, tamén imos asimilando uns valores sociais e cívicos necesarios para a convivencia na sociedade. Búscase a socialización dos nenos e nenas, favorecer a súa incorporación a comunidade correspondente e contribuír a súa progresiva autonomía.

Ademais, é nesta etapa onde comeza a educación obrigatoria, co cal a relevancia do aprendizaxe obtido neste período educativo é fundamental para o correcto desenvolvemento do alumnado. Na nosa opinión, neste nivel educativo os mestres teñen unha importancia clave no futuro académico do alumnado, sobre todo no primeiro ciclo, onde é necesario facer incapé no proceso de ensino-aprendizaxe, complementandoó cunha metodoloxía práctica, para afianzar unha visión da escola productiva e prolífica para eles mesmos.

 

  • SECUNDARIA: Trala nosa experiencia, opinamos que este nivel educativo ten un carácter máis específico e pretende obterse un certo nivel técnico e riguroso orientado aos vindeiros escalóns educativos.

Adquirimos novas habilidades como poden ser: técnicas de estudo, formas de redactar, realizar lecturas profundas, aprendizaxe cooperativo, exposicións en público, debates…

Outro aspecto a destacar, é o papel que xoga a autonomía do alumno, que se ve reflexada na elección de certas materias encamiñando desta forma a súa futura formación  cara o ámbito escollido.

Por último, salientar que entra en xogo o período no que se atopa o alumnado, é dicir, a pubertade. Influíndo nun comportamento máis impulsivo e inestable dos estudantes. Parécenos importante analizar este aspecto relacionándoo coa impartición da docencia.

 

  • UNIVERSIDADE:  Consideramos á universidade como unha plasmación do ámbito de interese do alumno, xa que é el mesmo o que elixe no que realmente quere formarse.   

Neste momento, é cando realmente recibimos unha aprendizaxe específica, xa que todo o coñecemento está relacionado ca titulación elixida.

Salientar dous aspectos importantes. O primeiro, é que os contidos pasan a ser moito máis amplios e técnicos; e segundo, que é un proceso formativo especialmente autónomo, onde cada un responsable do seu aprendizaxe.

Por outra parte, destacamos a metodoloxía empregada, xa que por medio de clases expositivas e interactivas, preténdese ver plasmado na realidade os coñecementos adquiridos.

O profesorado nesta etapa é moito máis especializado, é dicir, son expertos da materia.  Co cal utilízanse tanto métodos como linguaxe, exemplos etc moito máis profesionais.

 

 

Cuestión 2

 

  • Educación Comparada: Dende un enfoque comparativo fomos capaces de ver os diferentes datos relacionados coa cantidade de alumnos por profesor, formación dos docentes, cantidade do PIB destinado a educación… entre diferentes países. No noso caso, esta comparación foi levada a cabo entre o sistema educativo español e o turco.

 

  • Didáctica: A través desta asignatura analizamos os procesos e elementos existentes no acto de ensinanza-aprendizaxe; estando dentro desta o profesorado e a súa formación.

 

  • Política e Lexislación Educativa: Nesta materia o nosos grupo levou a cabo unha análise pormenorizado da Loe e a Lomce (aínda que esta última dunha maneira mais superficial, debido a falta de información saída a luz). Neste análise, profundizamos principalmente no apartado do profesorado, a súa formación… Destacar que foron analizadas tódalas leis educativas existentes dende a ley Moyano ata a actualidade.

 

  • Tecnoloxía Educativa: Destacamos nesta materia a intención de formar aos profesores ou docentes nas novas tecnoloxías como ferramentas de aprendizaxe.  É necesario formar ao profesorado nas novas tecnoloxías para o seu uso de maneira innovadora.

 

  • Organización Educativa: Nesta materia falamos acerca das diferentes relacións de poder establecidas nos centros educativos, a organización dos diversos grupos…

 

  • Evaluación de servizos e institucións educativas: Ensináronnos principalmente as formas de evaluar ao profesorado, a calidade da docencia…

 

  • Educación ao longo da vida: Aínda que esta materia aínda non tivemos a oportumidade de recibila, pensamos que tamén terá relación coa formación do profesorado xa que, coma o seu propio nome indica, creemos que a formación continua, ao longo da vida, e fundamental para este colectivo.

 

  • Documentación e Información Educativa: Aínda que de maneira transversal, esta materia serviunos para coñecer un pouco mais os diferentes elementos e ferramentas que utiliza o profesorado para adquirir información, coñecemento…