Formación do profesorado

Neste análise afondamos na segunda parte da práctica proposta en aula. Neste caso abordamos aquelas materias nas que tratamos a Formación do profesorado.

DIDÁCTICA

Na materia de didáctica hai dous temas referidos explicitamente ao profesorado, un deles denomínase "función docente" no cal se estuda como foi cambiando a función docente dende a antigüidade ata a actualidade. Tamén se estudan os distintos modelos docentes (culto, humanista, técnico, social, reflexivo, autónomo, innovador, colaborador, estratega, artesán e experto). Trata o tema das competencias profesionais dos docentes na aula, no centro e na comunidade e cales. Por último falamos de distintos procedementos para o estudo da función docente.

O outro tema é "formación profesional docente" no cal se explican as etapas da formación docente. Tamén se fai referencia á Conferencia de Dakar, na cal se explican os obxectivos do profesorado en Europa. Fálase dos compoñentes curriculares e dos contidos pedagóxicos que ten a formación do profesorado (teoría da educación, psicoloxía da educación, socioloxía da educación, organización escolar, lexislación educativa e didáctica). Explica o tema das prácticas nesta formación e a metodoloxía que se leva a cabo. A parte, individualmente explica a  formación dos profesores de infantil e primaria (grao de maxisterio en infantil e primaria), de secundaria e Formación profesional (grao específico dunha materia e posterior máster do profesorado) por outro e de universidade (grao na universidade específica). Por último, explica a importancia da formación permanente.

 

DESEÑO E IMPLEMENTACIÓN DE PLANS E PROGRAMAS DE FORMACIÓN

Na materia de deseño dimos algúns temas que fan referencia á formación do profesorado, obtidos do libro Formación de Formadores de José Tejada Fernandez e Vicente Giménez Marín. Nel tratamos os temas de elaboración de planes, programas e recursos de formación e un tema dedicado á avaliación da formación.

 

EDUCACIÓN COMPARADA

 Na materia Educación Comparada tivemos un achegamento á formación do profesorado. A diferenza doutras materias a investigación neste eido non foi abordada polo profesor na aula, senón que fomos nós, os alumnos, os cales a partir da realización dun traballo comparativo entre diversos países dimos con este eido. Neste sentido e centrándonos na nosa investigación,  traballamos con Suíza e España, atopando similitudes en canto á concepción do grao como mestre así como á hora de entender o máster que lles daría acceso ao sistema educativo.

 

POLÍTICA E LEXISLACIÓN EDUCATIVA

En canto á materia Política e lexislación educativa. Ao igual que na anterior, non abordamos o tema da formación do profesorado de forma directa, senón que o introducimos a partir do análise de distintas leis educativas. Debemos indicar que este aspecto foi analizado de forma moi xenérica e que os principais puntos a tratar á hora de comparar unas leis con outras se centraron en aspectos máis ben organizativos do sistema escolar. No noso caso traballamos coa LOXSE e a LOE podendo observar como eixe vertebrador o papel da administración á hora de establecer as titulacións así como á hora da formación permanente. Cabe engadir que non afondamos neste apartado, co que quizais a nosa visión dende esta perspectiva non está de todo completa. A contido que máis destacamos deste análise son os distintos niveis formativos que deben acadar o profesorado para os distintos niveis.

 

ORGANIZACIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS

Nesta materia mais que aspectos sobre a formación do profesorado tratamos temas relacionados coa docencia en si. Así por exemplo falamos do clima da aula, da comunicación existente entre profesorado e estudantado, a distribución que se pode facer na aula e a relación que esta implica cos alumnos … Non son aspectos reais de formación docente, pero si deberían ser temáticas tratadas na formación dos mesmos para que así coñezan as diferentes opcións a escoller na posta en practica da súa profesión e poidan elixir o papel que desexan levar a cabo na aula.

Outro aspecto tratado nesta materia foi a rixidez que existe no sistema educativo. Moitas veces bótaselle en cara aos docentes que non toman o mando en moitos aspectos, pero as veces é debido as escasas opcións que teñen de facelo. Estamos nun sistema educativo que permite pouca autonomía docente, posto que é a Administración a que decide case todos os temas. Ademais temos que ter en conta que na formación dos profesores non se lles ensinan a que deben tomar decisións, senón que soamente teñen que adoptalas.

 

TECNOLOXÍA EDUCATIVA

A materia de tecnoloxía educativa é unha materia na que non se tratou concretamente a formación do profesorado, pero si traballamos recursos que lles serían moi útiles aos docentes de hoxe en día.

Explicáronsenos buscadores específicos, mais aló do coñecido Google que son moito máis recomendables para temas de educación e cos que posiblemente moitos dos docentes actuais non traballen (Dogpile,Dialnet,Yippy...). Este e outros temas da materia son habituais na formación permanente, polo que tamén e interesante algunha páxina das que traballamos na que se ofertaban cursos online gratuítos sobre múltiples temáticas (MOOC). Escoller algún curso destes é moi recomendable para estar actualizados en temas de TICs.

Por unha banda traballamos o tema do portafolios así como abordamos unha metodoloxía centradas nos nosos PLE, metodoloxía pouco empregada nas aulas a día de hoxe, non sabemos se por descoñecemento ou por outros motivos.