ACTA CLASE 30/09/2013

Neste día, fixemos a análise das respostas que os seis grupos realizaron para a práctica anterior. Lembrar que na práctica anterior “¿Qué entendemos por asesorar?” había que dar resposta a cinco cuestións:

1)      Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento.

2)      Que fai un asesor/a? Describir as tarefas desenvolvidas.

3)      Que entende por asesorar o grupo de traballo? Elaborar unha definición

4)      Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?

5)      Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida.

Partindo destas cuestións previas do día anterior, a cada grupo tocoulle analizar as respostas que deron cada un dos seis grupos para unha pregunta, é dicir, analizar a resposta. Para analizar as repostas a esa pregunta, había que dicir : Cómo comprenderon os grupos a tarefa, o que teñen en común, o que teñen diferente, os autores e a súa relación co asesoramento.

 

A continuación realizo unha sintése daquelas aspectos que fun tomando nota ao longo de cada unha das cuestións.

Na pregunta 1 “Identificar escenarios nos que se desenvolvan tarefas de asesoramento”, hai que dicir que a modo xeral si que se comprenderon a tarefa os distintos grupos. Salientar que algúns grupos mencionaron o ámbito educativo, familiar, estético, político, ocio e relixioso, pero outros non o fixeron. Percíbese unha falta de información xa que non se específica que é o que hai dentro de cada ámbito, polo que se realizou de forma xeral.  Só houbo un grupo que propuxo o ámbito informal, medioambiental e sociopsicolóxico, os cales non foron considerados polos grupos restantes. Támen observouse a diferencia entre ámbito estético e ámbito imaxe, cada grupo mencionouno dunha maneira.  Manifestase un desglose dos compoñentes do ámbito educativo, mentras que outros céntranse na clasificación en departamentos. Respecto o último aspecto, non hai fundamentación en ningún dos grupos, xa que non hai autores, pero pódese considerar a posibilidade de que aparezan na pregunta número 5.

Cando estábamos a realizar esta pregunta, aludeuse a que hai territorios onde se produce o asesoramento e nos que este é máis visible como pode ser o ámbito financieiro, sen embargo, hai outros ámbitos nos que a figura do asesoramento permanece oculta a pesar de que os hai, como por exemplo no ámbito relixioso ou na política.

Na pregunta 2 “¿Qué fai un asesor/a?”, dicir que todos comprenderon a tarefa, xa que todos entenderon a pregunta na mesma dirección, pero que a extensión é o que diferencia unhas respostas doutras. A mayoría dos grupos propuxeron definicións como axudar, informar, apoiar.  Un grupo recalcou máis o rol do asesor no ámbito educativo. Tamén houbo un grupo que fixo unha afirmación sin fundamentación, sendo interesante o que di, e que tras un debate xurdido na clase, entendemos que cando un grupo non pon de quen é unha afirmación supoñemos que é propia do grupo.  Por outra banda, houbo un grupo que fixo como unha especie de choiva de ideas, pero que consideran que isto estaba mellor contextualizado na primeira pregunta, debido a que na segunda pregunta búscase máis a reflexión.  Hai un contraste claro, entre a forma de contestar o resto dos grupos  e o grupo 6, o cual realizou unha indagación fronte á reflexión a partir dos conceptos previos que realizaron o resto dos grupos.  Tamén chamou a atención o feito de temporalizar as tarefas para o antes, durante e despois, durante o traballo dun asesor nunha tarefa, xa que se trata máis ben dun ciclo en espiral. Por outra banda, non se sabe se sacaron a información da páxina Web que puxeron ou se ben elaboraron a resposta basándose na información da páxina Web. Finalmente podemos dicir, que a tarefa non foi realmente comprendida por todos da mesma maneira.

En canto a pregunta 3 “Que entende por asesorar o grupo de traballo?”, houbo unha comprensión da tarefa por parte de todos os grupos. O grupo 1, constituiu a excepción ao resto dos grupos ao considerar o termo asesorar cando hai un problema. O grupo 2, reflexou bastante ben a función do asesor, e chamou a atención o feito de que se citaran a elas como autoras da frase. (neste momento estivemos a haber que querían dicir co “principio metódico”, pero non chegamos a unha clara conclusión). No grupo 3, dirixiuse exclusivamente a resolución de problemas, de maneira colaborativa, neste caso non entendíamos que queren dicir con “optimizar”. Dicir que hai máis cousas en común que diferente. E que os autores foron os propios alumnos/as como produtores do noso propio coñecemento.

Mencionar que todos estábamos de acordo en que todos os traballos tratan de conseguir no asesorado a autonomía para decidir, é dicir, “Empowerment”.

Na pregunta 4 “Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación se necesita?”, dicir que os grupos si comprenderon o contido pero uns fixerono de forma máis extensa ca outros, e a través disto considerase o estilo e o interés e o grado de indagación de cada grupo. Con isto houbo un debate sobre se a extensión é relevante ou non, e a profesora Lourdes Montero, citounos un autor que é Donald Schön, o cal realizou un traballo sobre o tipo de coñecemento que os profesionais temos e sobre o coñecemento tácito e o coñecemento que explicitamos. Temos moitas dificultades para vehicular a realidade sobre cousas que sabemos facer, como andar en bicicleta, pero que nos resultan díficiles de explicar cómo as facemos.

Continuando ca pregunta 4, aludir a que todos os grupos consideran común que se debe asesorar sempre no ámbito no que temos máis coñecementos.  Como último en referente a esta pregunta, dicir que algún céntranse no asesoramento psicopedagóxico. Uns consideran que hay unha profesión de asesor pero outros consideran que é un rol. Sen embargo, hai que dicir que non hai unha profesión de asesor  xa que non hai unha carreira específica de asesor.

Neste momento, tratamos que o asesor e o orientador son dous roles dos psicopedagogos. Plantexouse a cuestión de se é o mesmo asesoramento que orientación. E comentouse que cada vez son dúas prácticas máis converxentes. Aludeuse á orde de 1998, pola que o asesoramento está recollido na nosa Comunidade Autónoma como  unha función.

Finalmente, comentamos a pregunta 5 “Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida”, na que os grupos foron en diversas dirección: uns centraronse en recopilar definicións e conceptos, outros profundizaron nas etapas do asesoramento, outros ampliaron definicións sen contrastar coa súa, e outros profundizaron na intervención nos distintos ámbitos.  O grupo 2, traballou básicamente con dúas referencias que son Marcelo LópezYañez e o ITT, realizando un traballo exhaustivo. Hai que dicir que ao aparecer Domingo 2003 b, e non haber Domingo 2003 a, pódese deducri que non traballaron con este autor, senón que o colleron dun lugar esta información. Polo xeral, si que houbo fundamentación, e saíron a luz unha gran variedade de autores. 

Todo isto foi o máis relevante traballado nesta sesión, a cal foi moi frutifera, ao ser a primeira vez, que correximos os traballos desta maneira, resultou moi interesante facer unha análise das distintas respostas que cada grupo deu a cada unha das preguntas.