ACTA CLASE 07/10/2013

Na clase de hoxe tratamos o termo Asesoramento, recollín uns apuntes das diapositivas expostas neste día, polo que incorporarei, estes apuntes e tamén as diferentes reflexións e cuestións que xurdiron ao longo desta sesión.

Asesoramento educativo, significados:

  • Participar-informar-atender-orientar-interactuar-optimizar-consultar-comunicar-colaborar-apoiar-observar-comprender-dialogar-aconsellar-potenciar capacidades-equipo-axudar-desenvolver-mellorar-actuar-resolver problemas…
  • A función de asesoramento pode definirse como unha operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias), en comparación cun modelo e indicación de proxectos de acción (Fernández, 1997).   Un comentario xurdido entorno a esta definición de Fernández é o concepto de carencia, xa que non consideramos que hai unha carencia cando alguén solicita axuda pode haber unha carencia cando alguén solicita axuda, pero non o entendemos como unha carencia porque o que pide axuda é para mellorar non porque realmente teña unha carencia.
  • O asesoramento é unha interacción en dous sentidos – un proceso de buscar, dar e recibir, axudar. O asesoramento diríxese a axudar a unha persoa, un grupo, unha organización ou un sistema máis grande para mobilizar os recursos internos e externos co obxecto  de posibilitar a súa capacidade de resolver problemas e realizar esforzos de cambio (Lippit y Lippit, 1986:1)
  • O concepto de cambio é moi importante para o asesoramento, porque moitas veces prodúcese en situación de cambio.
  • Orientar, facilitar, axudar, mediar, apoiar, colaborar, guiar… Asesorar… son verbos intransitivos… As accións que describen non teñen un obxecto directo. Neste caso trátase de actividades educativas, dirixidas a alguén (profesores, familias, alumnado, educadores, monitores, etc.): alguén que a súa vez debe promover actividades de ensinanza e aprendizaxe.  Aludiuse a que a colaboración é un elemento fundamental, que ten unha importancia relevante , xa que non se pode falar de asesoramento se non hai colaboración.
  • O asesoramento é un servizo indirecto que ten lugar, entre profesionais de status similar. (Se fose de status diferente referímonos máis ben a orientación). Soe ser iniciado polo asesorado, quen ten total liberdade para aceptar ou rexeitar os servizos en calquera momento. Involucra ao asesor/a e ao asesorado/a nunha relación confidencial e colaborativa que se configura polas seguintes metas para o asesor/a:

-          Ofrecer un punto de vista informado.

-          Axudar a mellorar destrezas de resolución de problemas.

-          Axudar a incrementar a liberdade de elección de acción do asesorado.

-          Apoiar ao asesorado nas leccións feitas.

-          Incrementar a conciencia do profesorado acerca dos recursos válidos para tratar cos problemas persistentes (Aubrey, 1990:3, adaptado).

Recomendounos un libro que se titula o “Asesoramiento educativo a examen”. Comentounos que existen asesores de formación, que antigamente se lles chamaba formadores. Chámabaselle agora así porque non realizan tarefas de formación, senón que levan a cabo funcións de asesoramento. Falamos do asesoramento en sentido amplio e en sentido restrinxido. No sentido amplio, o asesoramento pode facelo calquera persoa que coñece algo e, en función dese coñecemento presta un determinado apoio. En sentido restrinxido, cando se trata dun profesional especificamente formado para ofrecer apoio nun ámbito determinado.

Semellanzas entre definicións:

  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coas persoas e non directamente sobre estas.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional.
  • Non limita a capacidade de elección.
  • Relación do mesmo status.
  • Participantes poden ser individuos, grupos, institucións,
              Asesoramento:
 
Considerar............................. Consellos
Deliberar............................... Recomendacións
Reflexionar............................ Suxerencias

Escenarios do asesoramento en educación:

  • Formación permanente do profesorado. (CAFI), Cefores en Galicia
  • Inspección educativa
  • Orientación
  • Innovación educativa

                                                (Rodriguez Romero, 1996)

 

Asesoramento  educativo:

Unha temática que non se pode considerar de forma aillada senón en relación cunha institución (a escola) no marco dun proxecto formativo (o currículo) e co propósito fundamental de servir á mellora dos procesos de ensinanza e aprendizaxe. (Zabalza, 1997).

 

Finalmente nesta sesión, realizamos un debate acerca de: ¿Cómo se relaciona o asesoramento e a orientación? ¿Cál é máis ampla? ¿Son o mesmo? ¿É diferente? ¿Porqué?

Neste debate houbo diversas opinións, como son:

-          O asesoramento non é  o mesmo que orientación, xa que o asesoramento ten unha relación entre profesionais do mesmo status.

-          É un servizo máis amplo o asesoramento que a orientación, porque o asesoramento é un servizo indirecto.

-          Por outra banda, considerábase que si son iguais, xa que hai unha comunicación entre asesor/asesorado, orientador/orientado, relación bidireccional.

Non chegamos a un acordo neste tema, polo que terei que indagar pola miña conta máis adiante, e chegar deste modo a unha conclusión.

Pero isto non foi o único relevante, senón que chegamos a unha contradición: dúas persoas – dous profesionais :¿ simetría – asimetría?  Entendendo a simetría como unha igualdade de status.  Non se fala de simetría de formación, senón de igualdade nas persoas. Non só se produce asesoramento entre profesionais,  senón que tamén se fai asesoramento co alumnado. Co asesoramento tratamos de capacitar.

Outras das dúbidas xurdidas é que se entende polo termo intervención, ao referirme que a orientación está máis ligada a intervención e o asesoramento á guiar, aconsellar,… O orientador intervén e o asesor non intervén, o revés, ámbolos??

Por último, díxonos a nova tarefa a realizar sobre os modelos de orientación. Hai modelos de orientación, cales? Hai modelos de asesoramento, cales? Falamos do mesmo? Que caracteriza aos distintos modelos? Os modelos de orientación pódense extrapolar ao asesoramento? Hai modelos específicos de asesoramento?.

Fixemos un reparto de tarefas para a práctica ca técnica da cebola.

Para rematar, deunos unhas referencias bibliográficas:

-          Bonalez y Sanchez.Manual de asesoramiento psicopedagógico, (2007).

-          Monereo y Pozo (2005). La práctica del asesoramiento educativo a examen.

-          Pilar Iranzo (2012). Asesoramiento psicopedagógico al profesorado.