Profesorado e novas tecnoloxías

Nesta entrada farei referencia a un tema á formación do profesorado en canto á tecnoloxía, tema que se tocou na clase do pasado 2 de outubro.

Como todos sabemos, vivimos na sociedade do coñecemento, diso non hai dúbida. A tecnoloxía, facilítanos moito o acceso á información que buscamos, pois na actualidade, practicamente todo está na rede, polo tanto é un elemento clave na construción do coñecemento.

Ante este panorama, cobra enorme importancia o emprego que se fai das novas tecnoloxías na tarefa docente, pois a escola, como responsable do ensino aprendizaxe, debe responder aos desafíaos e ás necesidades que as novas xeracións plantexan.

Pero, ¿empregan os docentes  a tecnoloxía de maneira innovadora?

Nas aulas actuais, a pesar de todos os avances tecnolóxicos que se teñen levado a cabo, seguen predominando os modelos de ensino unidireccional, onde o alumnado se converte nun mero receptor de información suministrada polo docente xeralmente a través da exposición e seguindo o libro de texto, que a pesar dos recursos tecnolóxicos presentes nos centros, segue a ser o recurso máis empregado.

Sen embargo, cada vez son máis os docentes que se animan a empregar as novas tecnoloxías nas aulas, sobre todos os docentes máis xoves,  poida que porque na titulación de maxisterio existen materias relativas ao emprego das tecnoloxías na aula. Pero paradóxicamente, o emprego das mesmas faise de xeito pouco relevante, xa que a pesares de aumentar o emprego de recursos como as pizarras dixitais ou as presentacións con diapositivas, son aínda un número reducido de mestres os que emprega metodoloxías que fagan do alumnado un suxeito activo, como por exemplo, o emprego de blogues que fagan preciso o traballo autónomo do alumnado cos recursos tecnolóxicos.

No caso do profesorado de maior idade, existe unha certa resistencia ao cambio, poida que por comodidade, ou poida que por descoñecemento. Por iso, é fundamental a formación permanente do profesorado en canto ás novas tecnoloxías, o cambio na metodoloxías que se emprega nas aulas, pois nos temos que corren, os avances ocorren con cada vez máis velocidade e polo tanto a sociedade debe avanzar en paralelo.

En relación coa importancia da tecnoloxía na educación, atopei na rede este video que fai referencia a unha conferencia de Ken Robinson sobre os novos retos da educación.

REFERENCIAS:

http://www.educarm.es/templates/portal/images/ficheros/revistaEducarm/4/08.pdf

http://www.uclm.es/profesorado/ricardo/Segovia.htm