PISA: Mirada reduccionista sobre os sistemas educativos?

 

O informe PISA[1] é unha avaliación educativa da competencia lectora, matemática e científica alcanzada polos/as alumnos/as aos quince anos de idade. É un estudo cíclico que se repite cada tres anos co fin de ver a evolución no tempo do rendemento escolar nas áreas anteriormente indicadas.

É a mirada dun organismo internacional, concretamente a da OCDE[2], cuxo obxectivo é  axudar aos gobernos na formulación de políticas eficaces. Mirada sobre a cal vou reflexionar a continuación.

O próximo informe PISA publicarase en decembro do 2013, e refirirase aos resultados do 2012. Os últimos datos que temos son os do informe do 2009, onde Corea do Sur, Finlandia, Australia e Canadá obtiveron os mellores resultados. O estudo tamén recolle información acerca do contexto dos alumnos, para poder relacionar o rendemento dos mesmos. ¿Pero isto é suficiente para avaliar un sistema educativo?

Os políticos e os medios de comunicación cada vez que se publican estes datos, os interpretan a modo de pódium olímpico: “haber quen ten o mellor sistema educativo”. E non se debería de ver dende un enfoque tan reduccionista.

PISA avalía o dominio de certos saberes en determinados sistemas educativos, pero non nos di nada sobre si existe un sistema de benestar real nese país, qué concepto teñen sobre educar e a educación, nin tampouco avalía outras moitas aptitudes que son igualmente importantes: teñen materias que fomenten a súa creatividade?, saben traballar en equipo?, saben convivir con outras culturas?, axudan nas tarefas do fogar?, etc. E esta é unha diferencia que se ve fácilmente comparando Corea do Sur con Finlandia. Basta con ver o documental de Jordi Évole sobre o sistema educativo finés e logo ver o documental de Informe Semanal sobre a educación en Corea do Sur, aquí vos deixo os respectivos enlaces:


http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-corea-del-sur-prohibido-fracasar/1487175/

http://www.lasexta.com/videos-online/programas/salvados/jordi-evole-viaja-finlandia-hablar-educacion_2013012800170.html


O único que me gusta de PISA e que fai fincapé sobre o importante que é a educación, pero o que xa non me gusta tanto e que se centra en avaliar soamente determinados saberes, dando a impresión de que soamente contan os resultados, e levando a que políticos crean que con reformar xa imos mellorar.

Antes de tomar decisións pola vía rápida de reformar, é necesario reflexionar sobre cómo influíu o noso pasado histórico no noso sistema educativo, ter en conta todas as miradas (profesores, alumnos, pais/nais...) a hora de aplicar e levar a cabo cambios, e construír un sistema educativo que sexa froito de ideas compartidas, que non dependan de ideoloxías  e intereses políticos.


Litografía Manos Dibujando Escher


Webgrafía

 

 


[1] PISA. Program for International Student Assesment.

[2] OCDE. Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económicos.

 

Comentarios

  • Enelina

    Kely, non se ve a imaxe que colocaches ao final da túa entrada de blog, ou cando menos eu non a vexo. Estou dacordo contigo cando afirmas ao final da entrada de que se debe buscar un sistema educativo basado en ideas compartidas, e non facela depender da política, e como todos sabemos en España cada vez que cambia a ideoloxía do goberno enfrontámonos a unha reforma educativa nova.

     

    Un saúdo.

  • Alba Besada Estévez

    Hola Kely, está claro que el informe PISA tiene muchas lagunas en cuanto a que presenta una visión limitada de la realidad educativa.

    Además creo que uno de los motivos por los que puntuamos más bajo es porque las actividades que se proponen están más dirigidas a las destrezas que a los contenidos. Por tanto PISA beneficia a los sistemas educativos que utilizan metodologías centradas en el desarrollo de competencias en el alumnado y que tienen currículums flexibles e interdisciplinares, en detrimento de los sistemas educativos que utilizan una metodología de enseñanza más tradicional como es el caso de España.

    En 2006, con la LOE se introdujo el aprendizaje por competencias, pero como vosotras bien decís cada vez que cambia el color político se aprueba una nueva ley órganica sin que dé tiempo a que la anterior se haya rodado el tiempo necesario y podamos conocer sus resultados.

    Un saludo,