Carla Rodiño Otero

Soy una persona activa, trabajadora y responsable. Me gusta mucho el contacto con los niños así como todo lo relativo a su proceso de enseñanza aprendizaje, de hecho considero que mi vocación es la de ser docente.

Clase do mércores 9 de outubro de 2013

Comezamos esta clase do 9 de outubro de 2013 tentando dotar de significado ao termo asesoramento plantexando a seguinte pregunta: Asesoramento ¿que cousa é?

Na presentación exposta pola profesora aparecían unha serie de verbos relacionados con este termo que quedan recollidos a continuación:

Participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar capacidades, equipo, axudar, desenvolver, mellorar, actuar, resolver problemas, guiar, axudar a tomar decisións, identificar puntos fortes e débiles, seguimento, procesos, actuar con honestidade (a ética do asesor/a), asesorar para mellorar...

Algúns como interactuar, consultar, comunicar, colaborar e axudar son termos clave nesta enumeración. Todos indican acción e actuación.

Todos eses verbos fan referencia a capacidades que un asesor debe ter, polo que o asesoramento conleva unha carga excesiva de mensaxes para quen se ocupa del.

Durante esta sesión fíxose referencia tamén a unha definición que se calificou como rara, por estar distante das outras. Dita definición é a seguinte:

“La función del asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico, identificación de falencias (carencias), en comparación con un modelo de identificación de proyectos de acción” (Fernández, 1997).

Nela dise que se trata de identificar o que non hai máis que o que hai, con unha proposta proactiva. Dificilmente poderemos entender esta definición se a extraemos do seu contexto de referencia e dicimos isto porque Lidia Fernández ten un enfoque totalmente institucional sobre o asesoramento.

Outra definición presentada foi:

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos: un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio” (Lippit y Lippit, 1986:1).

Se analizamos esta definición extraemos dela que o asesor tamén recibe. A axuda non sempre ven desde fora, pode vir dende o interior.

A seguinte definición foi:

“…Parece haber un consenso en que la actividad del asesoramiento educativo, para ser tal, debe nacer de una actitud de colaboración…” (Monereo y Pozo 2005:15).

Dende o meu punto de vista esta definición é moi acertada xa que considero que para que se leve a cabo unha boa actuación debe haber unha certa colaboración entre todos os axentes implicados para que así non se produzan interferencias nin incongruencias entre o que uns e outros fan.

Segundo Aubrey,1991:3,adaptado. “Suele ser iniciado por el asesorado, quién tiene total libertad para aceptar o rechazar los servicios en cualquier momento. Involucra al asesor/a y al asesorado/a en una relación confidencial y colaborativa que se configura por las siguientes metas para el asesor/a:

  • Ofrecer un punto de vista informado.
  • Ayudar a mejorar destreza de resolución de problemas.
  • Ayudar a incrementar la libertad de elección de acción del asesorado.
  • Apoyar al asesorado en las elecciones hechas.
  • Incrementar la conciencia del asesorado acerca de los recursos válidos para tratar con los problemas más persistentes”.

Chegados a este punto da sesión unha compañeira de clase fixo unha pequena exposición sobre a súa indagación acerca de si o asesor/a constitúe un rol ou unha profesión.

A continuación, falamos de que o asesoramento pode ser entendido con dous sentidos:

  • O asesoramento en sentido amplo fai referencia a calquera persoa que coñeza algo e, en función de ese asesoramento presta un apoio determinado (informar, dar un consello...).
  • O asesoramento en sentido restrinxido ocorre cando un profesional especificamente formado para ofrecer apoio nun campo determinado, (alguén que ten un coñecemento “experto”).

A pesares de ser definicións diferentes propostas por distintos autores podemos sinalar unha serie de similitudes entre todas elas:

  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coas persoas e non directamente sobre estas.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional destinada á axuda.
  • Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado.
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, se preferencias de posición e de poder.
  • Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.
  • Trátanse asuntos e problemas “prácticos”.
  • Trabállase sobre a base de acordos negociados.
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares (competencia).

Segundo Rodríguez Romero, 1996, existen unha serie de escenarios que se relacionan co asesoramento en educación, e son so seguintes:

  • Formación permanente del profesorado.
  • Inspección educativa.
  • Orientación.
  • Innovación educativa.

Antes de pasar á segunda parte da sesión enumeráronse unha serie de libros de consulta que tratan o tema do asesoramento e que espero poder consultar pronto.

Xa na segunda parte da clase o que fixemos foi dividir a clase en dous grandes grupos para levar a cabo un debate, defendendo unha parte que o asesoramento é máis amplo que a orientación e outra todo o contrario.

A min tocoume defender que a orientación é máis ampla que o asesoramento, e recoñezo que me resultou unha tarefa complicada porque unha vez que se ían expoñendo argumentos facíaseme moito máis difícil responder con argumentos convincentes. Aínda así de toda a miña intervención escollo unha frase que utilicei para defender a miña posición. “Como está sinalado na Lei, unha das tarefas das que se encarga a orientación é a de asesorar, polo que deste xeito a orientación ten que ser máis ampla que o asesoramento”.

Para finalizar con esta entrada de blog dicir que rematamos a sesión da mesma maneira que a comezamos, lanzando unha pregunta por parte da profesora: “modelos de orientación, modelos de intervención” ¿é o mesmo?.

Ademais neste último intre da sesión falamos dunha técnica que levaremos a cabo nunha das sesión que está por vir, a técnica do acuario o das prácticas da cebola.