O currículo no asesoramento

      Na sesión do día 21/03/2012, comezamos a traballar sobre o papel así como actuacións que exerce o currículo no marco do asesoramento. Deste xeito, a mestra propuxo unha actividade referida ó asesoramento curricular, empregando como ferramenta a "técnica das tres P", a cal consistía en responder  en pequenos grupos a tres preguntas formuladas, establecendo para iso un espazo de tempo predeterminado: 10 minutos.

     As cuestións propostas foron as seguintes:

  • ¿Qué actuacións poden ser concibidas como asesoramento curricular?, ¿cales observastes ou experimentastes durante o período de practicas ou ben en outras experiencias vivenciadas con alumnos?.
  • ¿Qué saberes sobre currículo deberían posuír os asesores psicopedagóxicos?.
  • ¿Cómo pode asesorar curricularmente que non é especialista nun ámbito disciplinar?. 

      A raíz destas cuestións, e do debate grupal xurdido ó respecto, no cal se propuxeron, e en resposta á primeira pregunta, diversas actuacións nas que sí é posible asesorar curricularmente, ben a través das ACI,  mediante a posta en marcha de diversos plans, PAPEA, POAP ; ou mediante o asesoramento ós docentes por medio da ensinanza de técnicas de estudo, así como na elaboración dos documentos propios do centro...

     Con respecto á segunda cuestión plantexada, referente  a que saberes deben posuír os asesores, destacouse a importancia de coñecer a evolución histórica do currículo, os seus elementos prescriptivos e non prescriptivos, as fontes das que bebe (fonte epistemolóxica, sociolóxica, psicolóxica e pedagóxica), así como os diferentes tipos de currículo existentes ( oculto, nulo, ausente, explícito ,implícito...), ou a importancia de concibilo como un instrumento de mellora e innovación...

      Finalmente, e debido a escaseza de tempo existente,  a mestra invitounos a meditar , pola nosa conta,  sobre a terceira cuestión.

      Esta sesión fíxome reflexionar sobre o papel e a importancia que o currículo  pode desempeñar dentro do asesoramento, tratando de establecer cal é a súa bidireccionalidade e de que xeito interaccionan.

      Coido que o primeiro paso para explorar este novo ámbito de actuación é definir o que entendemos por currículo:

    Se nos amparamos no  marco lexislativo, a Ley Órganica 2/ 2006, de 3 de mayo de Educación, define o currículo  como “...el conjunto de objetivos,  competencias básicas, contenidos, métodos pedagógicos y criterios de evaluación"

    Así mesmo, na literatura especializada sobre currículo, destacan autores representativos, como algúns dos seguintes:

   - Para Stenhouse (1981): "Un currículo es una tentativa para comunicar los principios y rasgos esenciales de un propósito educativo, de forma tal que permanezca abierto a discusión crítica y pueda ser trasladado efectivamente a la práctica.

  -José Gimeno Sacristan (1988): "el currículo tiene que ver con la instrumentalización concreta que hace de la escuela un determinado sistema social, puesto que es a través de el como le dota de contenido, misión que se expresa por medio de usos casi universales en todos los sistemas educativos, aunque por condicionamientos históricos y por la peculiaridad de cada contexto, se exprese en ritos, mecanismos, etc, que adquiren cierta especificidad en cada sistema educativo".

  -Coll (1987): "entendemos por currículo el proyecto que preside las actividades educativas escolares, precisa sus intenciones y proporciona guias de acción adecuuadas y útiles para los profesores que tienen la responsabilidad directa de su ejecución".

  -Zabalza (1987): "el conjunto de los supuestos de partida, de las metas que se desea lograr y los pasos que se dan para alcanzarlas; el conjunto de conocimientos, habilidades, actitudes que se considera importante trabajar en la escuela año tras año".

      Unha vez resaltado  o carácter anticipador e prescriptivo que debe exercer o currículo como un plan de actuación en educación, outro dos aspectos sobre os  que me pareceu necesario comezar  a indagar , radica nas funcións que exerce o asesor en relación con este.

      Así, autores como Bolívar (1999), destacan que dentro das funcións do asesor existen tres niveles que determinaran as actuaciones de este profesional:

  • Apoio ós procesos xerais de planificación, desenvolvemento  e innovación do currículo en todos  os seus ámbitos
  • Apoio ós procesos xerais de ensinanza e   aprendizaxe.
  • Capacitación do profesorado

     Escudero Muñoz e Moreno Olmedilla (1992) propoñen tamén  unha serie de funcións encomendadas a un asesor externo, mantendo algunhas delas  unha relación directa co currículo:

  • Desenvolvemento e innovación do currículo.
  • Elaboración de adaptacións curriculares para dar resposta e atender aos alumnos/as con necesidades educativas especiais.
  • Colaboración no desenvolvemento curricular, na elaboración de materiais e instrumentos de avaliación, creación de novas estruturas organizativas, demostración de novas prácticas e programas experimentais
  • Asistencia nos procesos de planificación e elaboración de plans, programas e proxectos a nivel de centro, departamento ou aula.

        Polo exposto, e como breve indagación inicial sobre ó devir do currículo no asesoramento, é posible afirmar que son diversas as funcións do asesor dentro do ámbito curricular, tales como asesoramento ó profesorado no tocante á  elaboración de Proxectos de centro, así como a orientación, prevención e avaliación con respecto ó quefacer e dificultades inherentes dos  procesos de ensino e aprendizaxe.

 

Referencias consultadas:

-Escudero  Muñoz, J. M. e Moreno Olmedilla, J. M. (1992): El asesoramiento a centros educativos. Estudio evaluativo de los Equipos Psicopedagógicos de la Comunidad de Madrid. Consejería de Educación y Cultura. Dirección General de Educación. Madrid.

-http://es.scribd.com/doc/52033259/2/definiciones del termino Currículo ( 27/03/2012)