TÉCNICA DO ACUARIO OU DA CEBOLA.

Na sesión do 7 de outubro, a profesora comentounos que íamos a traballar na vindeira sesión ou quizáis dentro de quince días coa técnica do acuario ou tamén coñecida como a técnica da cebola. Como nunca antes escoitara falar desta técnica decidín indagar na Internet e esclarecer este termo e como non coñecer unha nova técnica de traballo, polo que consultei a seguinte páxina web: 

http://es.slideshare.net/astaroht84/acuario-2562295#btnNext

A técnica do acuario  recibe o seu nome  pola distribución dos compoñentes do grupo. Nela, o gran grupo distribúese en tres por grupos, en tres círculos os cales reciben un nome: o grupo interno son os peixes, o grupo do medio os retroalimentadores e o grupo externo os sintetizadores. 

A través desta técnica preténdese propiciar a aprendizaxe dun tema mediante a análise e síntese da información, profundizar no coñecemento do mesmo e avaliar o grado de dominio que posúe o grupo sobre o tema. 

Nesta técnica, todos os membros do grupo distribúense en tres círculos, tendo en conta que estes teñen que ser círculos concéntricos, é dicir, detrás de cada "peixe" deberá haber un "retroalimentador" e detrás de cada "retroalimentador" deberá haber un "sintetizador". 

Cobra relevancia a implicación de todos os membros, os cales deben coñecer previamente a temática a tratar. No noso caso antes de levar a cabo a sesión na que empregaremos esta técnica debemos leer un texto que nos proporcionará a profesora e levar claras todas as ideas que nel se expoñen para logo traballar este tema con esta técnica. 

A pesar de que non teño moitos coñecementos sobre esta técnica, tras a búsqueda de información,  creo que o día que realicemos esta técnica vai haber unha distribución por grupos e farase unha "vinculación" dos distintos grupos, cada peixe terá asignado un retroalimentador e un sintetizador.  Tamén supoño que os peixes serán os primeiros en dicir aquelas ideas que extraeron da lectura do texto, e logo serán os retroalimentadores os que complementarán esta información aportando novas ideas, e finalmente serán os sintetizadores os encargados de realizar como unha síntese das ideas máis relevantes tratadas e aportar novas ideas se é o caso. Aínda que tamén poida que ao grupo externo se lle encargue a labor de observación dos integrantes dos outros grupos, pero non estou moi seguro cómo funcionará, estou nun "mar de dúbidas". 

O que si non dubido é que será unha clase moi dinámica e enriquecedora, e como non unha nova forma de traballo que resultará cando menos de gran interese para poder coñecela e aplicala nun futuro se se dá o caso. 

Finalmente, expresar que estou desexando formar parte desta técnica xa que a pesares de haber buscado información sobre ela, encontrei moi pouca e teño un montón de dúbidas que aínda non conseguín resolver, poderei extrapolar as vantaxes e inconvintes (no caso de que os teña) que presenta, así como outros aspectos de relevancia que descoñezo ao non haber empregado nunca antes esta técnica. Sen embargo, considero que vai a ser moi interesante e gratificadora; pero xa mencionarei, nunha vindeira entrada, cál é o meu punto de vista desta técnica tras implicarme nela.