¿cómo poden asesorar curricularmente quenes non son especialistas nun ámbito disciplinar?

Ola a todos/as, esta cuestión quedou "no aire" na última sesión de clase e gustaríame retomala co fin de tentar,coa vosa axuda, aclarala.

    Se partimos de que o asesor é unha figura que debe traballar de xeito  colaborativo, indirecto, simétrico e bidireccional na procura dunha mellora  nos procesos de ensino e aprendizaxe coa institución na que participa,  actuando como apoio e  axente facilitador, en lugar de como experto en contidos e figura indispensable sen a cal ós docentes carezan de capacidade e  autonomía, coido que é posible concebir un asesoramento curricular baseado na capacitación  e intercambio mútuo de saberes e experiencias entre os distintos axentes educativos(mestres e asesores), posto que todos poden intercambiar, aportar e recibir coñecementos e saberes, nun momento dado, en lugar de abogar por un asesoramento experto, posto que ¿experto ou especilizado en que ?...

     Como comentabamos na aula nas últimas sesións,cada profesional debe aportar os seus coñecementos,debendo ser valorados e aproveitados para enriquecer o proceso educativo ,sendo o asesor, unha peza máis  aporte e  integre  recursos e estratexias, que participe en lugar de intervir, que posibilite en lugar de realizar...En definitiva, que ceda e conceda a autonomía  ós verdadeiros axentes de cambio (ós docentes), a  través do seu quefacer.

¿Qué opinades o respecto?

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Ola Laura, efectivamente é unha cuestión pendente que retomaremos hoxe. Concordo cos principios que destacas para explorarla que, na miña comprensión do teu discurso, residen na cooperación entre profesores e asesores desde a perspectiva de que son os profesores e profesoras quenes ten a responsabilidade principal pois o ensino é a súa actividade profesional. Non sei se é o aseosor quen de ceder e conceder autonomía aos docentes... Seguimos explorando

    Moito ánimo

    Lourdes