PRÁCTICA 1: HISTORIAS PREVIAS (Parte 2)

 

Bárbara Márquez Vilela

Nuria Pazos Hermida

Silvia Piñeiro Suárez

Silvia Puga Castro


PRÁCTICA 1: HISTORIAS PREVIAS (Parte 2)

 

      2. Materias nas que traballastes a temática do profesorado e da súa formación: cales, que contidos específicos, enfoques, etc.

       Foron diversas as materias nas que traballamos a temática do profesorado durante a nosa formación no Grao de Pedagoxía. Facendo memoria e voltando atrás, as que máis destacamos son Didáctica e Organización de Centros Educativos nas cales traballamos profundamente esta temática, pero, noutras tamén foi relevante os contidos traballados sobre a figura do docente e a súa formación coma foi en Educación Comparada ou en Tecnoloxía Educativa.                                                                                                                                          

       Na materia de Didáctica cursada no 2º do Grao en Pedagoxía tratamos varios aspectos relacionados coa formación do profesorado.Un dos aspectos tratados nesta materia foi a propia función docente en termos da súa evolución e das súas características, como pode ser a autonomía na toma de decisións, o illamento da tarefa docente e o prestixio social.Tamén coñecemos, a través de esta materia, as tarefas e competencias que exerce o docente no contexto aula, no conxunto do centro escolar e na familia-comunidade, aínda que dun xeito breve e escueto sen afondar demasiado nestes aspectos.Traballamos tamén a importancia de aspectos como a voz, o timbre, a adaptación da linguaxe á hora de impartir a docencia. Por outro lado, estudamos os diferentes modelos de profesor tendo en conta as diversas formas de función docente. De xeito que de forma específica, fixemos referencia aos seguintes: Profesor culto, humanista, técnico, social, reflexivo, estratega, artesano, creador, experto, autónomo e colaborador. Por último, vimos a formación profesional que precisan os docentes facendo distinción por niveis educativos (Infantil, Primaria, Secundaria e de Universidade). Facendo alusión tanto á formación inicial e ós compoñentes que a conforman (cultura xeral, contidos de carácter pedagóxico, contidos de especialidade científica e prácticas na ensinanza) como á formación permanente, incidindo na súa finalidade e nos motivos da súa crucial importancia.                                                                                                                           

       Na materia de Organización de Centros Educativos, correspondente ao 3º curso do grao de Pedagoxía traballamos en profundidade diversos aspectos que influían na organización escolar e á vez no traballo dos docentes.

Por un lado, analizamos a lei educativa vixente, naquel caso a LOE (2006) e nela observamos os diferentes aspectos que caracterizan a consideración do profesorado e que valoramos necesario analizar. Nela recóllese que as funcións do profesorado deben de levarse a cabo baixo o principio de colaboración e traballo en equipo. É fundamental que exista este traballo cooperativo xa que é un factor imprescindible para garantir unha mellor organización do equipo docente e do centro educativo e con isto a impartición dunha boa educación. Pero, analizando a realidade, esta concepción non se cumpre en moitos casos posto que o profesorado tende a organizar e realizar o seu traballo de forma autónoma, sen compartir cos seus compañeiros as súas experiencias e coñecementos. Nesta materia estudamos que isto é debido á existencia dunha cultura celularista por parte dos docentes e que se atopa moi presente nos centros educativos, o que ocasiona un limitado intercambio de ideas e posturas entre os diferentes educadores. Esta falta de coordinación entre o profesorado pode ocasionar, que se repitan contidos ou se expliquen empregando diferentes bases teóricas creando a confusión e incomprensión do alumnado. Este aspecto o comprobamos por exemplo, o pasado curso, xa que en varias materias os contidos solápanse atopándonos na situación de que repetíannos o mesmo contido pero de diferente forma ou segundo fundamentos diferentes o cal nos ocasionaba unha desorientación e inseguridade á hora de proceder á súa aprendizaxe e ao seu estudo.    

Outro tema que analizamos grazas ao traballado nesta materia e ao estudo da LOE foi a necesidade innegable da formación permanente do profesorado. Este, coma axente directo de transmisión de coñecementos, vese obrigado debido aos continuos cambios que sofre a sociedade, a unha formación ininterrompida. O seu deber coma profesional docente é actualizar os seus coñecementos pedagóxicos e didácticos, adaptándose ás novas necesidades presentes no alumnado, evitando o seu estancamento, e asegurando un proceso de ensino-aprendizaxe apropiado á nova sociedade. A isto, cabe engadir, que na actualidade, os grandes avances tecnolóxicos e evolución das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e outros recursos novidosos, esixe que o profesorado se forme en profundidade nesta materia, xa que os seus alumnos pertencen á xeración dos nativos dixitais, estando influenciados excesivamente por estas ferramentas. Por conseguinte, a figura docente exerce un papel existencial encamiñado á transmisión de valores e ao desenvolvemento de actitudes críticas no referente ás TIC, á adquisición das competencias e estratexias adecuadas que lle permita aos alumnos aproveitar os aspectos positivos que as TIC nos ofrecen e controlando o seu mal ou excesivo uso. Porén, analizando a realidade, observamos que en moitos dos casos, este requisito non se cumpre, xa que o profesorado, deixa de formarse durante toda a vida porque considera que a súa titulación é suficiente e non actualiza os seus coñecementos, nin modifica a súa metodoloxía de ensino quedando estes obsoletos e arcaicos. Outra causa desta reticencia de cara á continuar coa formación, é que moitos docentes atópanse desmotivados debido a que non gozan do prestixio social que deberían, coma ocorre noutros países como é o caso de Finlandia. Conxuntamente, todo isto, trae coma consecuencias o agravo do fracaso e a desmotivación por parte do alumnado e repercute unha vez máis na calidade do sistema educativo.

Tamén falamos da comunicación non verbal e da súa importancia, poñendo de manifesto que os centros educativos e as aulas son “universos pan-comunicativos”, é dicir, comunicamos a diferentes niveis e por múltiples vías: cos corpos, cas miradas, ca maneira de distribuír espazo, cos movementos, co silencio, etc. Polo tanto, a figura docente atópase exposta continuamente a este tipo de comunicación e debe ser un factor a ter moi en conta xa que está emitindo mensaxes continuamente e os seus alumnos os están interceptando. Así, pode ocorrer que mediante esas mensaxes inconscientes estea transmitindo inseguridade, desconfianza ou nerviosismo, e polo tanto, debe aprender a controlalos para que o efecto que cause no seu alumnado sexa positivo e motivador.                                                                                                                                   

      De seguido, na materia tamén de 3º curso de Educación Comparada, dedicámonos a comparar os sistemas educativos de diferentes países analizando todas as súas características, entre elas a situación do docente e a súa formación. Así reparamos nas diferenzas e similitudes existentes entre todos eles coa finalidade de adoptar unha actitude crítica fronte ao noso propio sistema.                                                                

      Finalmente, na materia de Tecnoloxía Educativa, correspondente tamén ao 3º curso, traballamos sobre a necesidade de que os docentes reciban unha formación específica en torno as TIC, xa que os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías teñen un gran papel no proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos. Porén, vimos que non todos os usos que os docentes fan das TIC son adecuados, xa que moitos profesores limitan o uso das tecnoloxías á utilización do powerpoint e dalgúns programas similares, aínda que o emprego destes non supón un cambio substancial na metodoloxía empregada.                                              

Ademais, tamén puidemos ver o medo dos docentes a empregar as novas tecnoloxías, e isto débese a deficiente formación dos mesmos en relación a esta temática. Finalmente, fixemos fincapé na necesidade de que os docentes actúen como guías no proceso de aprendizaxe dos alumnos, propoñéndolles unha metodoloxía activa, na cal estes sexan os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. Neste senso, apoiámonos maioritariamente nun enfoque construtivista.