A marea verde. Un achegamento ao caso Balear

Marea verde

 

Esta protesta da comunidade educativa balear non empezou como pode pensarse coa aprobación do decreto do Tratamento Integral de Linguas (TIL) polo goberno desta comunidade, senón que xa tiña o seu xerme na marea verde iniciada contra os recortes na educación non universitaria alá polo ano 2011/12. Esta marea verde iniciouse en Madrid debido a que foi a primeira comunidade en levar a cabo estas “medidas de axuste”. Este movemento recibe o seu nome a través do seguimento que xerou en Twitter, e ten a súa explicación pola cor das camisetas empregadas polos manifestantes.

 

marea verde

 

No caso das Illas Baleares, a marea verde estalou coa aprobación do Decreto do Tratamento Integral de Linguas (TIL), 15/2013, do 19 de Abril polo Partido Popular. Polo cal “se regula o tratamento integrado das linguas nos centros docentes non universitarios das Illas Baleares, establecendo as directrices básicas para o seu desenvolvemento e aplicación” (Art. 1, TIL).  Mediante este decreto apróbase un trilingüismo nas aulas compartindo as materias e contidos transversais en castelán, catalán e inglés:

 

Todas as áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento non lingüísticos, así como as agrupacións de ámbitos que inclúen diversas áreas ou materias, incluídos os proxectos transversais,  pódense impartir nas dúas linguas oficiais ou na primeira lingua estranxeira do proxecto educativo de centro, axustándose ao que dispoñen os artigos 6, 7, 8, 9 y 10 deste decreto.” (Art. 5, TIL)

 

Cabe destacar que este decreto afectou aos centros públicos e concertados, non aos privados.

Tanto o profesorado da comunidade como a oposición, levantáronse en contra dende un primeiro momento pola rápida aprobación que tivo o decreto así como a falta de apoios da comunidade educativa.As manifestacións levadas a cabo ao comezo do curso académico 2013/2014 foron debidas á precipitada implantación deste decreto. Os docentes móstranse en contra xa que se lles esixe unha formación en inglés (B2) que a gran maioría non posúen para poder defender as materias que imparten, así como outras reinvindicacións motivadas polos recortes e a aprobación dunha nova lei educativa (LOMCE). Algunhas destas son a redución de soldos, supresión de becas comedor e libros, supresión de programas pedagóxicos, non cumprimento das baixas dos profesores, así como a falta de apoio que teñen os docentes. 

No capítulo 5, artigo 23 do presente Decreto abórdanse aqueles aspectos referidos á formación necesaria do profesorado,unha das principais queixas, recollendo os seguintes puntos:

 

1. Para poder impartir áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento non lingüísticos en lingua estranxeira, os docentes deben acreditar un certificado do nivel B2 ou superior de coñecementos da lingua estranxeira definida no proxecto de tratamento integrado de linguas do centro.

2. Os profesores deben cumprir, en tódolos casos, os requisitos de titulación e de competencia lingüística necesarios para impartir as áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento correspondentes, de acordo coa normativa vixente.

3.O director xeral de Ordenación, Innovación e Formación Profesional é o órgano competente para habilitar aos profesores para poder impartir áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecementos non lingüísticos en lingua estranxeira. En todo caso é necesario acreditar a titulación prevista  nos apartados anteriores.”

 

Os Sindicato de Traballadores da Educación das Illas Baleares (STEI), Asociación de Pais e Nais das Illas Baleares (APIMAS), a UGT ademais da Asamblea de Docentes, reuníronse e presentaron recursos contra este Decreto ante o Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares (TSJIB). O 6 de Setembro o TSJIB acordou suspender o inicio da aplicación do Decreto, xa que consideraba que non se cumpriran os procedementos legais axeitados. Os docentes consideran ilegal a aplicación do trilingüismo unha vez comezado o curso académico, e inician unha folga, unha semana antes de comezar o curso académico. Esta iniciativa esténdese durante tres semanas, poñendo fin a esta, a través dun acordo por parte dos docentes. Pasadas estas semanas os docentes volven as aulas co obxectivo de non aplicar este decreto, en ningún momento quedou desconvocada a folga. O 24 de Outubro do 2013 está convocada unha folga xeral do ensino a nivel nacional á que seguiran coas súas propias reivindicacións.

Esta reivindicación tivo gran repercusión na sociedade e medios de comunicación, os cales se fixeron eco da súa loita. Neste senso e atendendo aos distintos medios de comunicación recollemos dous vídeos de opinións opostas sobre o acontecido nas Illas Baleares:

 

 

 

Unha vez visualizados estes dous vídeos, chegamos a conclusión de que como en moitas outras ocasións o debate educativo, pasa a ser un debate máis ben político. Que opinades sobre esto?, estades dacordo?

 

Webgrafía

El pais(2013).Baleares sustituye la inmersión en catalán por el trilingüismo en las escuelas. Recuperado de  http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/19/actualidad/1366393822_422298. o día 9 de outubro de 2013.

 

Decreto 15/2013, do 19 de abril do Tratamento Integral de Linguas nos centros docentes non universitarios das Illas Baleares. Recuperado de http://www.caib.es/eboibfront/es/2013/8117/514453/decreto-15-2013-de-19-de-abril-por-el-cual-se-regu o día 9 de outubro de 2013.

 

Libertad digital (2013).Los profesores de Baleares vuelven a clase pero no aplicarán el trilingüismo en las aulas. Recuperado de

http://www.libertaddigital.com/espana/2013-10-07/los-profesores-de-baleares-vuelven-a-clase-pero-no-aplicaran-el-trilinguismo-en-las-aulas-1276501184/ o día 9 de outubro de 2013.

 

El mundo(2013).Los docentes vuelven hoy a clase pero no aplicarán el trilingüismo. Recuperado de http://www.elmundo.es/elmundo/2013/10/06/baleares/1381057139.html o día 9 de outubro de 2013.

 

ABC(2013).Empieza la huelga indefinida de profesores en los centros educativos de Baleares. Recuperado de

http://www.abc.es/local-baleares/20130916/abci-huelga-baleares-201309161057.html o día 9 de outubro de 2013.


El periódico(2013). Los docentes ven ilegal aplicar el trilingüismo. Recuperado de http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/los-docentes-ven-ilegal-aplicar-trilinguismo-2724469 o día 9 de outubro de 2013.