• Blogs
  • arminda
  • Noticia El País. "El nivel cultural de los padres influye más que el económico en el resultado...

Noticia El País. "El nivel cultural de los padres influye más que el económico en el resultado escolar"

Hoxe presento unha nova que aparece na edición do periódico EL PAÍS do día 13 de outubro.

Segundo unha investigación educativa levada a cabo por Alice Sullivan e Matt Brown, do Instituto de Educación da Universidade de Londres, o nivel educativo dos pais, ten maior influencia nos resultados educativos dos fillos que o nivel económico.

Como comenta a noticia, a formación académica recibida polos pais, así como os resultado obtidos polos mesmos na súa etapa escolar, inflúen de maneira contundente nos resultados que obterán os seus fillos no seu exercicio como estudantes. Do mesmo xeito, inflúe tamén, a cultura de lectura existente en cada fogar, pois os resultados da investigación clarifican que os xoves que len por pracer na súa infancia e adolescencia, obteñen mellores resultados.

Na miña opinión, certamente o nivel cultural dos pais afecta á motivación dos fillos á hora de levar a cabo os seus estudos, pero creo que o nivel económico dos mesmos, cobra unha gran importancia, sobre todo agora, na situación de crise que vivimos, onde ademáis estamos asistindo a unha paulativa privatización dos servizos educativos.

Non cabe dúbida, que moitas familias con un nivel educativo medio-baixo, contan con rapaces que non presentan resultados académicos positivos debido á dificultade ou incluso á imposibilidade de facer fronte aos gastos que supón a educación dos seus fillos, sobre todos nos niveis superiores. Pero tamén se atopan rapaces, que pese ás dificultades, acadan excelentes resultados académicos, pero a cambio diso, as familias renuncian a moitas outras cousas para poder darlle unha educación de calidade aos seus fillos.

Polo tanto, creo que os resultados académicos do alumnado, dependen dun amplo conxunto de factores que lles afectan de maneira directa ou indirecta. Non se trata só do nivel económico, nin só do nivel cultural, senon que existe unha relación de interdependencia entre todos eles.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/13/actualidad/1381692178_260595.html