LOMCE e Profesorado

A continuación, centrareime en realizar un pequeno análise sobre a nova lei educativa presente no noso país coñecida como LOMCE, e como esta afectará o profesorado.

Esta controvertida lei proposta pola dereita, concretamente polo PP, sempre foi  moi criticada dende a súa saída a luz. Non só pola perda de dereitos dos estudantes, senón porque esta tamén afectará de maneira moi drástica ao profesorado como comentarei a posteriori. 

Destacar como dato, que a anterior lei educativa Lomce, gozou da aprobación de tódolos partidos políticos, representativos da democracia española excepto a do PP (Partido Popular). Na actualidade é o revés, menuda controversia. É o PP o que saca adiante a súa reforma da antiga lei educativa facendo valer a súa maioría absoluta, xa que non conta co apoio de ningún partido debido a controversia e malestar que supuxo esta lei entre a comunidade educativa en concreto e a sociedade en particular.

En primeiro lugar, hai que indicar que xeralmente, unha reforma educativa sempre debería abogar pola equidade e non pola excelencia; ademais dende o coñecemento sempre se desaconsella a disgregación dos contidos. Ninguén propón establecer divisións entre asignaturas e moito menos, priorizar a relixión ante contidos éticos, sociais e culturais etc… pois todo isto, é incumprido pola LOMCE. Unha ley en busca da excelencia do alumnado onde os criterios pedagóxicos están pasados por alto, ou incluso podría dicir, que están olvidados. Debido a estos factores, dende o meu punto de vista, esta lei está condenada ao fracaso.

Centrándonos no profesorado, como lle afectará esta nova lei? Tras un análise desta, podemos decir que esta nova proposta, manifesta un gran desprezo pola labor docente como enumerarei a continuación:

Na modificación do art.133 da Lomce ponse de manifesto a disminución dos dereitos e das responsabilidades da comunidade educativa. Neste artigo fálase da forma de selección do director dun centro educativo e como se pode ver, a elección do mesmo na actualidade depende mais da Aministración que dos beneficiarios directos das súas accións. Ademais engaden que a partir dos próximos cinco anos será necesario obter un certificado dun curso selectivo sobre o desarrollo da función directiva emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Polo tanto con esta nova medida maior será o control por parte da Administración como xa viñamos dicindo.

Ademais con esta nova normativa, ponse de manifesto que se publicarán os resultados das avaliacións dos centros educativos de maneira pública e concreta; é dicir, os resultados serán emitidos e podránse ver os resultados de cada centro educativo, o que o meu entender fomentará a competitividade entre centros e influirá a sociedade. 

Por outra banda, vulnéranse os dereitos dos traballadores, neste caso do profesorado, que con esta normativa podense ver envoltos en casos de traslados forzosos cara outros centros distintos ao que teñen asignado, ou mesmo impartir materias das que non son especialistas.

Como se pode ver, con esta nova lei, non só os alumnos sairán perxudicados, senón que tamén o profesorado e, en xeral, toda a comunidade educativa. Vendo este panorama desolador penso que todos debemos loitar polos nosos dereitos e non consentir que se xogue coas leies e fagome unha pregunta...: Si para o ano se cambiara de forza política no poder que volveremos a ter unha nova lei educativa? E así cantas veces?...

Por todo isto, o único que se pode dicir é:

¡NON A LOMCE!

Webgrafía:

http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/participacion-publica/lomce.html

http://www.boe.es

http://www.stecyl.es/borralex/LOMCE/Anteproyecto_LOMCE_septiembre2012.pdf

http://www.redeseducacion.net