Formación do Profesorado

Por Noelia

Co termo de formación de profesorado o que se di e que a formación deste colectivo debe ser continua, para lograr unha práctica docente mellor que se adapte aos cambios da sociedade e para alcanzalo obxectivo da calidade educativa. Como xa dixen, a formación debe ser continua, para o cal é preciso ter unha boa formación inicial, e esta irase innovando con outro tipo de formación como poden ser os cursos, os seminarios, os grupos de traballo ou os talleres.

Na actualidade existe unha gran preocupación por este tema, xa que se considera esencial a formación do profesorado para poder alcanzar os obxectivos de calidade e equidade que se pretende en canto a educación.

Isto require que o profesorado teña que atender a outros aspectos educativos e non só adicarse a transmitir coñecemento. Por exemplo, no informe “Aprender a ser” de Edgar Faure dise o seguinte:

«Los profesores tienen cada vez menos como tarea única el inculcar conocimientos y cada vez más el papel de despertar el pensamiento. El profesor, al lado de sus tareas tradicionales, está llamado a convertirse en un consejero, un interlocutor; más bien la persona que ayuda a buscar en común los argumentos contradictorios, que la que posee las verdades prefabricadas; deberá dedicar más tiempo y energías a las actividades productivas y creadoras; interacción, animación, comprensión y estímulo.»

Considero que isto é preciso para alcanzar a educación que desexamos, pero é realmente posible sen modificalos curriculums? Na actualidade os diferentes curriculums que temos para cada un dos niveles educativos esixen que o profesorado dea uns contidos en un tempo determinado, e tendo en conta os horarios cos que contan, nalgunhas materias é difícil abarcar outros aspectos. E en moitos casos o que sucede é que o profesorado non se forma porque non se lle prestan as facilidades para poder facelo.

A cuestión da formación do profesorado é complexa e cada vez máis, non so polas distintas funcións que teñen que desempeñar os profesores/as hoxe en día, senón polos recortes educativos que se están dando no noso país e que lles afecta por formar parte do sistema educativo español.

O fragmento do informe “Aprende a ser” foi sacado da seguinte páxina:

http://www.uhu.es/cine.educacion/didactica/00975formaciondocente.htm